Axuda humanitaria para os refuxiados burundeses e congoleños dos campos de Kasulu (Mtabila) e Nyarugusu. Tanzania
Tanzania alberga na actualidade arredor de 300.000 persoas refuxiadas procedentes da República Democrática do Congo e de Burundi. Esta poboación, fuxida da rexión dos Grandes Lagos a mediados dos anos 90 con motivo do xenocidio desa época e dos conflitos posteriores, depende totalmente da axuda internacional ao impedirlles a lexislación de Tanzania acceder a un posto de traballo. Trátase da maior e máis complexa operación de refuxiados no continente africano, tanto pola súa duración como polo número de persoas afectadas.
Os conflitos e urxencias noutras rexións do mundo e o cansazo dos doantes, co consecuente abandono dalgúns financiadores, poñen en risco a continuidade dunha operación que cobre as necesidades básicas desta poboación, o que convirte a esta situación nunha crise esquecida. O presente proxecto contribúe ao traballo que realiza a Cruz Vermella Española, conxuntamente con Cruz Vermella Tanzana e ACNUR, para asegurar o acceso de máis de 100.000 persoas refuxiadas a un dos seus dereitos básicos, a saúde, que ha de ser garantida ata que se produza o peche dos campos.
Cruz Vermella Tanzana
Obxectivo Xeral: Contribuír ao mantemento e mellora das condicións de saúde das persoas refuxiadas procedentes do Congo e de Burundi situadas nos campos de refuxiados de Nyarugusu e Kasulu en Tanzania.
Obxectivo Específico: Proporcionada asistencia en saúde curativa e servizos de saúde preventiva para 100.600 refuxiadas e refuxiados congoleños e burundeses nos campos de Nyarugusu e Kasulu (Tanzania).
Resultado 1.1.: Prestación de servizos de saúde de acordo cos estándares da Organización Mundial da Saúde e do Ministerio de Saúde Tanzano dentro dos campos de refuxiados e nas comunidades de acollida adxacentes ao campo.
Actividades:
A.1.1.: Compra de medicamentos, consumibles e equipamento médico necesario para o funcionamento dos servizos de saúde no campo e nas comunidades adxacentes.
A.1.2.: Mantemento das estruturas sanitarias nos campos.
A.1.3.: Mantemento do sistema de vixilancia epidemiolóxica e das taxas de mortalidade/morbilidade.
A.1.4.: Formación para o persoal sanitario e os promotores comunitarios de saúde nos campos e comunidades adxacentes.
A.1.5.: Derívanse un total de 200 casos aos hospitais locais.
A.1.6.: Provisión de servizos de saúde en consultas.
Resultado 1.2.: Prestación de servizos materno-infantís adecuados dentro do campo de refuxiados.
Actividades:
A.2.1.: Provisión de servizos de saúde reprodutiva.
A.2.2.: Provisión de servizos de saúde materno-infantís.
Resultado 1.3.: Prestación de servizos nutricionais terapéuticos e de alimentación suplementaria dentro do campo de refuxiados.
Actividades:
A.3.1.: Seguimento nutricional de menores de 5 anos, orfos e pacientes hospitalizadas.
A.3.2.: Compra de insumos necesarios para o mantemento das hortas das estruturas sanitarias.
Resultado 1.4.: Sensibilización da poboación refuxiada sobre VIH/SIDA e bos hábitos hixiénicos entre a poboación refuxiada.
Actividades:
A.4.1.: Sensibilización sobre VIH/SIDA e enfermidades de transmisión sexual entre a poboación refuxiada.
A.4.2.: 12 sesións formativas para os promotores comunitarios de saúde así como actividades de sensibilización para a poboación refuxiada en boas prácticas hixiénicas e enfermidades epidémicas.
Resultado 1.5.: Utilización apropiada dos medicamentos dentro dos dispensarios do campo de refuxiados.
Actividades:
A.5.1.: Sesións formativas para os promotores comunitarios de saúde sobre xestión eficiente dos medicamentos e a súa correcta prescrición.
A.5.2.: Seguimento/Control mensual da xestión dos medicamentos.
Directa: 102.116 persoas (60% mulleres).
Indirecta: 70.000 persoas.
30000