AXUDA HUMANITARIA Á POBOACIÓN REFUXIADA EN UGANDA. ACESO Á AUGA POTABLE.
Durante as dúas últimas décadas, Uganda pasou de ser un país inmerso nunha situación de posconflito, mediante unha exitosa fase de reconstrución a converterse nun país que goza dun significativo grao de estabilidade interna e externa. Ao longo dos últimos vinte anos, o norte de Uganda viuse devastado polo enfrontamento armado entre o rebelde exército de Resistencia do Señor, o Goberno e as súas forzas armadas. Nas primeiras fases do conflito, un gran número de civís fuxiron das súas casas espontaneamente. Máis tarde, a medida que aumentaban os episodios de violencia, moita máis xente viuse obrigada a deixar as súas casas polas presións do UPDF. Durante o maior pico de desprazamento, a poboación desprazada ugandesa alcanzaría os dous millóns de persoas, a maior proporción de desprazados do mundo.
En xullo de 2006 o goberno e o LRA comezaron as negociacións de paz na cidade de Juba, e finalmente asinaríase un acordo de cesamento das hostilidades. En 2007 asináronse acordos que establecían en liñas xerais as disposicións dun arranxo definitivo baseado en solucións amplas do conflito. A comezos de 2008 as partes achegáronse a unha solución final mediante a sinatura de rápidos acordos sucesivos sobre o marco xurídico para a xustiza, a reconciliación, o desarme, a desmobilización e a reintegración de ex-combatentes e a realización das zonas afectadas pola guerra en Uganda setentrional.
A raíz destes feitos produciuse unha mellora substancial da situación de seguridade no norte de Uganda. Actualmente todos os distritos do norte de Uganda con poboación internamente desprazada, incluída a rexión de Teso, gozan dun alto grao de estabilidade política.
A situación de conflito continuado na rexión dos Grandes Lagos e o corno de África, implica que Uganda, dada a súa situación no centro da rexión e o significativo grao de estabilidade política de que goza o país, sexa unha zona de acollida para os/as refuxiados/as e solicitantes de asilo dos países veciños en situación de conflito.
A cifra total de refuxiados e solicitantes de asilo en Uganda, segundo datos dispoñibles en xaneiro de 2010, ascende a 138.896.
Alto comisionado das Nacións Unidas para o Refuxiados (ACNUR/UNHCER)
OX: facilitado o proceso de integración dos refuxiados/as en Uganda, en coordinación con outras axencias internacionais, ONG e institucións locais, co fin de contribuír á redución da pobreza e o desenvolvemento humano.
OE: cubertas as necesidades básicas de aceso á auga potable de 108.514 refuxiadas/os en Uganda nos campos de Nakivale, Kyakhta II, Kyangwali, Kiryandongo, Rhino Camp, Imvepi, Adumani e Moyo.
50000