Proxectos

AXÚDANOS A CAMBIAR O MUNDO DE MILÚ

Consolidar e entender a labor educativa e preventida de Meniños en Galicia

Ano: 
2007
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Educación para o desenvolvemento
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
MENIÑOS (FUNDACIÓN)
Obxectivos: 

Afondar nas temáticas propostas en “Facendo familias”, mediante unha unidade didáctica que facilite o traballo nas aulas e a recollida das propostas das nenas e nenos participantes para mellorar as situacións de desprotección á infancia, no entorno máis próximo e nos países empobrecidos
Consolidar e entender a labor educativa e preventiva de meniños en Galicia, en base ás actuacións e instrumentos creados nos dous anos pasados
Afondar nas temáticas educativas elaboradas na proposta “Facendo familias”, creando para iso a unidade didáctica “Axúdanos a cambiar o mundo de Milú”, que será difundida e utilizada nos centros que o teñan feito nos anos anteriores

Resultados e actividades: 

-  Presentación da proposta “Facendo Familias”, en varias fases: mailing e correo electrónico, repetido, contacto telefónico, visitas a centros, envío do material. Dende a sede central de Meniños e as súas Delegacións en Galicia
-  Reedición do material da proposta educativa Facendo Familias
-  Distribución e asesoramento da proposta, dende finais do curso 06/07, ata finais do ano, dende a sede Central e as Delegacións; presencial –nos propios centros ou a distancia –envío teléfono-
-  Planificación e mostra da exposición itinerante en diferentes localidades.-         Plan de difusión da Web www.mundodemilu.org
-  Deseño e elaboración da unidade didáctica “Axúdanos a cambiar o mundo de Milu”, na sede central de Meniños
-  Presentación do material nos centros educativos
-  Asesoramento na súa utilización
-  Recollida de resultados

Poboación beneficiaria: 

Directa: Nenas e nenos de 6 a 12 anos, idade correspondente ó ensino primario, de toda Galicia. Educadoras e educadores destes nenos, en centros escolares e, secundariamente, outras entidades de educación non formal. Familias destas nenas e nenos
Indirecta: Sociedade Galega en xeral

Axudas: 

9090