Proxectos

C-01-11 O Fondo Galego: fortalecendo a solidariedade desde o local, 2011

O Fondo Galego, que asocia o seu traballo de sensibilización social á colaboración coa Xunta de Galicia desde o ano 2003, presentou e executou durante o ano 2010 en colaboración coa actual Xunta, un Plan de sensibilización que sintetizou os esforzos desta área nesta primeira década de vida do Fondo.
Tras diferentes tormentas de ideas cos asociados e unha profunda reflexión na Secretaría Técnica (IGADI); á que se incorporaron reflexións dos diferentes actores do sistema de cooperación galego, o Fondo revisou e reimpulsou a Área de Sensibilización, contextualizando, esta -revisión e reimpulso-, nun ano de crise económica cun horizonte incerto, de especial impacto para as políticas de cooperación ao desenvolvemento.
Desta maneira o Plano de sensibilización 2011 do Fondo Galego quere dar continuidade á liña de traballo iniciada co Plan 2010: Unha Rede do século XXI, tralos bos resultados obtidos nos tres Obxectivos Específicos que o mesmo presentaba e que foron conqueridos durante o ano 2010: (OE1) Xerar actividades de Sensibilización social e Educación para o Desenvolvemento entre as Entidades socias, (OE2) Visibilizar nas Entidades socias e na sociedade galega en xeral, o traballo do Fondo Galego en particular, e da cooperación municipalista galega, en xeral, e (OE3) Reforzar a rede humana e organizativa do Fondo Galego.
No presente plan, reformularemos a lóxica da intervención definindo un único Obxectivo Específico e tres Resultados agardados, froito dunha vontade clarificadora tras un ano de experiencia no traballo con eles, e coa perspectiva dunhas eleccións municipais en 2011 que obrigarán a reforzar o relacionamento cos socios, dado os posibles relevos políticos e técnicos na rede de persoas que da vida á Institución municipalista en cada unha das entidades socias.
O Fondo Galego: fortalecendo a solidariedade desde o local (2011) asume para este marco como propios as prioridades transversais incluídas no II Plan Director da Cooperación Galega para o Desenvolvemento (2010-2013): a loita contra a pobreza, a equidade de xénero, a defensa da sustentabilidade ambiental, o repecto polos dereitos humanos e a defensa da interculturalidade. Todos eles enmarcados e conectados á consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio.

Ano: 
2011
Instrumento de financiamento: 
Convenio
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
FOGACOSOL - FONDO GALEGO DE COOPERACIÓN E SOLIDARIEDADE
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Obxectivo Xeral: Fortalecida desde o local, a sensibilización da sociedade galega en torno á cooperación para o desenvolvemento.
Obxectivo Específico: Promovidas unhas entidades locais máis activas na solidariedade internacional. 

Resultados e actividades: 

RESULTADO 1:
1.1. Redes Municipalistas Solidarias (RMS).
1.2. Programa Vacacións con Traballo (VCT).
1.3. Fondo Documental da cooperación municipalista galega, compra de material.
1.4. Encontros: “Institucións locais e Solidariedade internacional”.
RESULTADO 2:
2.1. Mobilizadas tres exposicións itinerantes con Unidades Didácticas e material de traballo vinculado ás mesmas.
2.2. Xira TeaTracción (finalización do II programa teatrAcción).
2.3. 15 actuacións de contacontos en 15 entidades socias diferentes: A Tropa de Trapo.
2.4. Visita ao Norte.
RESULTADO 3:
3.1. Externalización da comunicación.
3.2. Mantemento do web e xeración de novos contidos.
3.3. Realizadas e distribuídas Memorias anuais sobre o Fondo Galego entre as Entidades socias e os diferentes actores do sistema de cooperación galega. (2011)
3.4. Realizados e distribuídos 6 números do IAF, publicación bimensual sobre o traballo do Fondo Galego. (2011)
3.5. Realizada e distribuída a publicación: “A nosa solidariedade municipalista ten Fondo. Xunt@s, cooperamos mellor”. (2011)

Poboación beneficiaria: 

O Plan de Sensibilización 2011 terá como público obxectivo directo, ao igual que nos plans de sensibilización precedentes, ao persoal político e técnico que representa á asociación municipalista en cada unha das entidades socias: 99 políticos e 99 técnicos.
De modo indirecto, diríxese tamén a todo o persoal técnico e político destas mesmas entidades, especialmente con actividades como Vacacións con Traballo, dirixidas a todo o apartado técnico dos socios.

Axudas: 

60000