Proxectos

C-02-11 Mellora das condicións de habitabilidade básica no marco do programa OXLAJUJ TZ´IKIN. Fase III.

O proxecto de "Mellora das condicións de habitabilidade básica" exposto para 2011 dará continuidade ao traballo que se realizou desde o ano 2008. O obxectivo durante o proceso foron o de mellorar as condicións de habitabilidade das familias que se atopan en condicións de extrema pobreza e maior vulnerabilidade e o de fortalecer os mecanismos das propias comunidades para dar resposta aos seus déficits en relación coa habitabilidade básica.
Co fin de avanzar na consecución destes obxectivos estívose traballando nas seguintes liñas:
- Capacitación de albaneis e mestres de obra. O obxectivo é formar dentro das comunidades mano de obra cualificada que poida facerse cargo da construción de calquera infraestrutura.
- Implementación dunha planta de fabricación de materiais de construción e creación dunha Cooperativa comunitaria. O obxectivo é facilitar o acceso das comunidades a materiais de construción máis baratos e sostibles, á vez que se achegan novas fontes de ingreso á poboación.
- Fortalecemento das organizacións locais, Ademais do apoio ás estruturas locais durante a execución (Xuntas Directivas e Consello Microregional), fortaleceuse á organización comunitaria ASIAPRODI a través do proceso de co-execución que se levou a cabo xunto con Arquitectos Sen Fronteiras.
- Construción e mellora de vivenda. Corresponde ao eixo central do proxecto e ten como obxectivo a mellora das condicións de salubridade das contornas habitables das familias das comunidades.
En 2011 daríase continuidade a estes procesos do seguinte xeito:
- Construción e mellora de vivenda: Continuarase coa mellora das condicións de habitabilidade básica a través da construción de 24 vivendas novas nas comunidades de Vitorias o Salto e San Juan el Húmedo; e a mellora de 21 teitos mínimos na comunidade de Nueva Cajolá.
Para a construción e mellora das infraestruturas contrataranse profesionais das propias comunidades: albaneis, mestres de obra e soldadores.
O proceso de priorización das familias beneficiarias realizouse na primeira fase do Programa (2008) a través do enchido de boletas onde se recollían datos socio-económicos, os distintos procesos de revisión coas Estruturas Comunitarias e a avaliación técnica por parte de ASF e ASIAPRODI. Como as condicións en tres anos poden cambiar, antes da construción faise unha nova avaliación que garanta que a priorización é correcta.
- Fortalecemento da Cooperativa de fabricación de materiais de construción: Nos últimos meses de 2010 creouse e formalizado a cooperativa de Produción B'eljuj Q'anil a partir da planta de fabricación de materiais do proxecto. Durante o 2011 darase seguimento continuado e asesoría técnica a dita cooperativa co obxectivo mellorar a calidade e o rendemento de devandita actividade produtiva.
Para o desenvolvemento de todas as actividades, manterase a coordinación que se está levando con todos os actores do Programa: Estruturas de goberno comunitarias, Consello Microregional, Municipalidades e organizacións guatemaltecas e galegas.
 

Ano: 
2011
Instrumento de financiamento: 
Convenio
Rexión: 
Centroamérica e Caribe
País: 
GUATEMALA
Zona de actuación: 
Retalhuleu (departamento)
Axentes: 
ARQUITECTOS SEN FRONTEIRAS
Contraparte: 

ASOCIACIÓN INDIGENA AGROPECUARIA PRO DESARROLLO INTEGRAL (ASIAPRODI)

Código CRS: 
16040 - Vivendas de baixo custo
16020 - Política de emprego e xestión administrativa
32310 - Política construción e xestión administrativa
150 - Goberno e sociedade civil
14030 - Abastecemento de auga potable e saneamento básico - sistemas menores
Obxectivos: 

OBXECTIVO XERAL DE DESENVOLVEMENTO.
Contribuír á mellora das condicións hixiénico-sanitarias a través das infraestruturas habitacionales nas comunidades incluídas no Programa.
OBXECTIVO ESPECÍFICO
Construír e mellorar infraestruturas habitacionales nas comunidades facendo uso de todos os recursos materiais e humanos posibles nas comunidades do Programa Oxlajuj Tz´ikin.
 

Resultados e actividades: 

A 1.1. Xestións preliminares para a construción
A 1.2. Construción de infraestruturas
A 2.1. Seguimento e asesoría do traballo da cooperativa.
A 2.2. Accións de mellora da calidade do produto.
 

Poboación beneficiaria: 

PERSOAS BENEFICIARIAS DIRECTAS:
Ao tratarse dunha intervención complexa ha de distinguirse entre varios grupos de poboación beneficiaria directa:
1- Beneficiarios da mellora dos teitos mínimos e da construción de vivenda.
45 familias das comunidades de Nueva Cajolá, Vitorias o Salto e San Juan el Húmedo verán melloradas as súas condicións de habitabilidade, salubridade e hixiene a través da construción e mellora da vivenda. O desglose de mellora de vivenda e teito mínimo sería:
- 24 vivendas novas.
- 21 teitos mínimos.
Na selección de beneficiarios traballaron conxuntamente: As comunidades a través das súas xuntas directivas, o Consello Micro-rexional, A compoñente de fortalecemento comunitario (CONIC), ASIAPRODI e Arquitectos Sen Fronteiras.
PERSOAS E GRUPOS BENEFICIARIOS INDIRECTAS:
1- Traballadores contratados para o desenvolvemento dos proxectos.
Na construción e mellora dos teitos mínimos serán contratados:
90 albaneis, 6 mestres de obra e 2 soldadores. Na fabricación de materiais de construción na Cooperativa B´eljuj Q´nil traballarán 11 operarios. Nos transportes de materiais serán contratadas 5 persoas. Un total de 114 profesionais das comunidades serán beneficiados con traballo durante a execución do proxecto.
2- Beneficiarios da Cooperativa B´eljuj Q´anil
Serán beneficiarias as 17 comunidades do Programa e aquelas comunidades da contorna de Champerico e Retalhuleu ao dispor de material económico para a construción das súas infraestruturas. Ademais serán beneficiadas con aqueles proxectos sociais que se desenvolvan cos beneficios que se xeren na planta de fabricación.
3- 18.000 persoas, pertencentes ás comunidades que participan no Programa Oxlajuj Tz´ikin, que ven melloradas as condicións de salubridade e o retroceso das enfermidades nas comunidades.
4- O Consello Micro-rexional e ASIAPRODI que se reforzan como un órgano de xestión importante dentro das comunidades, a nivel municipal e a nivel departamental.
5- As xuntas directivas e estruturas comunitarias que ven reforzada a súa organización a través da execución dos proxectos.
 

Axudas: 

221624