Proxectos

C-03-11 Realización de actividades de formación e de sensibilización en materia de cooperación ao desenvolvemento.

DESCRICIÓN DO PROXECTO, ANTECEDENTES:
A Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade da Coruña é o servizo encargado de xestionar, de coordinar e de potenciar os ámbitos do voluntariado social e da cooperación para o desenvolvemento na Universidade da Coruña. A Oficina de Cooperación e Voluntariado está a desenvolver un importante labor no ámbito da sensibilización, na formación en cooperación e na educación o desenvolvemento, así como na participación en proxectos de cooperación dende a Universidade. A través de diversas accións como seminarios e ciclos de conferencias sobre cooperación, Proxectos de Coñecemento da Realidade (PCR) e o Fondo 0,7% preténdese achegar ao público universitario e a sociedade xeral a realidade dos países do sur e a importancia da cooperación ao desenvolvemento na construción dun mundo máis xusto. A OCV ten catro anos de experiencia na xestión da convocatoria de Proxectos de Coñecemento da Realidade(PCR) e outros catro anos na xestión da convocatoria de Axudas a Proxectos de Investigación en Cooperación ao Desenvolvemento. A través desta experiencia, comprobouse que ambas convocato-rias son ferramentas básicas para promover a cooperación ao desenvolvemento tanto entre o alumnado universitario como entre o profesorado. En canto ao ciclo de conferencias en cooperación ao desenvolve-mento, é unha actividade que a OCV ven desenvolvemento dende o curso académico 2000-2001.
Trátase dun grupo de conferencias cunha duración total de 45 horas lectivas que comezan no segundo cuadrimestre na ETS de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos. Impártense nunha sesión semanal de tres horas que ten lugar os martes e que comprende charlas de expertos nos ámbitos da cooperación para o desenvolvemento, a proxección de vídeos e de documentais e dinámicas de grupo. O Instituto Universitario de Estudos Europeos “Salvador de Madariaga” é un Centro propio da Universidade da Coruña. Con este Instituto preténdese favorecer a promoción e o desenvolvemento do coñecemento e da investigación científica sobre os aspectos máis útiles da realidade internacional e europea, así como a ensinanza dos estudos internacionais e europeos, en particular os relativos á Unión Europea, co obxectivo fundamental de achegar todas estas cuestións á realidade social galega.
O proxecto xorde como continuación dun proceso iniciado en 2004, que pretende formar profesionais que desenvolvan as súas tarefas no sector da cooperación galega para o desenvolvemento. Dende ese ano o Curso de Especialización que, de conformidade con a nova normativa da Universidade da Coruña, pasou a chamarse Curso de Formación Específica de Posgrao “Cooperación ao Desenvolvemento e Xestión de ONG”, celébrase con carácter anual.
Nestes seis anos de experiencia nos que se teñen formado a máis de 120 estudantes como profesio-nais da cooperación ao desenvolvemento, o coñecemento acumulado nos permite confirmar que o curso está a ter unha adecuada evolución, cun número 7 constante de alumnos interesados en participar neste posgrao, que ofrece a oportunidade de conseguir unha formación especializada neste ámbito de actividade.
Iª Edición -- Curso 2004-2005: 33 alumnos    IIª Edición -- Curso 2005-2006: 20 alumnos
IIIª Edición -- Curso 2006-2007: 23 alumnos  IVª Edición – Curso 2007-2008: 25 alumnos
Vª Edición – Curso 2008-2009: 18 alumnos   VIª Edición – Curso 2009-2010: 27 alumnos
Para as últimas dúas edicións do curso modificouse sensiblemente a estrutura pasando de cinco módulos a catro e reorganizando e actualizando os contidos para así continuar con a estratexia de consolidación do curso, incorporando algúns aspectos de mellora e contando cun número cada vez maior de destacados expertos na materia que conforman un grupo docente de alta calidade. De igual modo consolidouse o programa de prácticas do curso no que participan máis de 15 organizacións da sociedade civil, fundamentalmente galega. A oferta formativa dirixida a profesionais da cooperación en Galicia caracterízase por programas univer-sitarios de posgrao (mestrado) cunha maior carga lectiva e dirixida especificamente a licenciados e diplomados universitarios, e diversos cursos non oficiais de moi curta duración. Neste sentido considérase moi adecuado o manter e potenciar este tipo de Estudos de posgrao que permitan a aqueles interesados en mellorar a súa formación, especializarse na xestión de intervencións de cooperación internacional e de organizacións da sociedade civil dende unha perspec-tiva eminentemente práctica facéndoa compatible co desempeño dun horario laboral.

Ano: 
2011
Instrumento de financiamento: 
Convenio
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
A Coruña
Axentes: 
UNIVERSIDADE DA CORUÑA
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

- OBXECTIVO XERAL. Contribuír á mellora continua da cooperación para o desenvolvemento galega de
xeito que as intervencións que xurdan desde esta comunidade redunden no beneficio das persoas máis desfavorecidas nos países do sur e promovan en último termo a loita contra a pobreza e as metas establecidas nos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio de Nacións Unidas.
OBXECTIVO ESPECÍFICO 1• Descrición: Formación e sensibilización do alumnado universitario en
cooperación ao desenvolvemento e das actuacións investigadoras do profesorado da UDC
OBXECTIVO ESPECÍFICO 2• Descrición: Formados expertos en cooperación ao Desenvolvemento que
poidan traballar nos centros públicos e privados nacionais e internacionais de cooperación ao desenvolvemento, así como mellorar as habilidades de xestión das persoas que participan nas Organizacións Non Gobernamentais de Desenvolvemento para que poidan formular e xestionar os seus proxectos e actuacións cun maior grado de eficacia e eficiencia.

Resultados e actividades: 

1.1.1. ciclo de conferencias de introdución á cooperación para o desenvolvemento
1.1.2. xornadas de sensibilización sobre inmigración, interculturalidade e cooperación.
1.1.3. realización dunha exposición fotográfica co material fotográfico dos pcr
1.2. convocatoria de proxectos de coñecemento da realidade (pcr)
1.3. convocatoria de axudas a proxectos de cooperación ao desenvolvemento. fondo 0’7%
2.1.1. elaboración e deseño do programa de contidos axeitado aos obxectivos do curso e ás necesidades dos alumnos
2.1.2 selección del profesorado adecuado para cada sesión docente
2.2.1 labores xerais de organización e xestión previas á celebración das sesións formativas (difusión, inscripcións, etc.).
2.2.2 impartición das clases e seguimento da evolución do curso
2.3.1. deseño das probas escritas (exames)
2.3.2. corrección das probas escritas e da memoria final e avaliación xeral do curso

Poboación beneficiaria: 

A poboación beneficiaria directa do proxecto é o alumnado que participa no curso de formación espe-cífica de posgrao, no ciclo de conferencias, na convocatoria de PCR e o profesorado que participa na convocatoria de Axudas a Proxectos de Cooperación ao Desenvolvemento.
Como beneficiarios indirectos podemos sinalar ás organizacións e institucións galegas que traballan en cooperación e que contan entre os seus empregados con alumnos do curso ou cos alumnos beneficia-rios do PCR. E aos profesionais das ONGDs que participan impartindo as charlas do ciclo de conferen-cias. A participación do alumnado é un dos aspectos fundamentais deste Cursoresumo, incluímos as seguintes cifras:
Beneficiarios Directos
Alumnado asistente ao curso de posgrao e ao ciclo de conferencias
Mulleres 50 Homes 41
PCR Mulleres 5 Homes 3
Profesores beneficiarios do Fondo Mulleres 3 Homes 4
Docentes do curso de posgrao e do ciclo de conferencias Mulleres 13 Homes 23
ONGDs colaboradoras do posgrao 11
Total directos 153
Indirectos
Alumnado perceptor das charlas de sensibilización dos PCR 75 Mulleres 50 Homes 32
ONGs colaboradoras dos PCR 11
Total indirectos 118

Axudas: 

60000