Proxectos

C-06-11 Fortalecemento institucional e Fortalecemento Comunitario no marco do Programa Oxlajuj T’ziquin. Fase III

O proxecto pretende acadar o fortalecemento das capacidades técnicas, administrativas, financeiras e políticas dos gobernos municipais, mediante varias liñas de acción encamiñadas a promover a comunicación social entre as institucións municipais e a poboación, o fortalecemento da planificación municipal, impulsando o ordenamento territorial do municipio, e a promoción do saneamento ambiental no municipio.
Ao mesmo tempo centrarase no fortalecemento das estruturas organizativas comunitarias dos dezaoito asentamentos humanos pertencentes as mencionadas municipalidades.
 

Ano: 
2011
Instrumento de financiamento: 
Convenio
Rexión: 
Centroamérica e Caribe
País: 
GUATEMALA
Zona de actuación: 
Retalhuleu (municipio)
Retalhuleu (departamento)
Champerico (municipio)
Axentes: 
INICIATIVA CIVIL PARA A DEMOCRACIA (INCIDE)
Código CRS: 
15150 - Fortalecemento sociedade civil
Obxectivos: 

OBXECTIVO XERAL
O obxectivo estratéxico é contribuír ao fortalecemento institucional municipal, para lograr a paz social, promoción do desenvolvemento e a gobernabilidade democrática, como elementos centrais para o desenvolvemento integral dos municipios.
OBXECTIVO ESPECIFICO 1:
Fortalecer a institucionalidad pública local, nos municipios de Champerico e Retalhuleu.
OBXECTIVO ESPECIFICO 2:
Fortalecer as capacidades técnicas, políticas e organizativas das estruturas comunitarias cunha visión de desenvolvemento integral desde a cosmovisión maya, consolidando o seu papel na definición das políticas públicas locais. 
 

Resultados e actividades: 

1.1. Acompañamento en asembleas comunitarias.
1.2. Celebración de cerimonias en días conmemorativos, segundo o calendario maya.
1.3. Reunións con estruturas comunitarias.
1.4. Acompañamento ao Consello Micro rexional nas súas reunións de seguimento.
1.5. Planificación e coordinación da elaboración do material audiovisual (vídeo) en conxunto con outras organizacións do programa.
1.6. Selección de tomas fotográficas, gravación, musicalización e edición do vídeo.
1.7. Reprodución de copias do material audiovisual elaborado para a súa difusión.
1.8. Taller de autoestima a lideresas.
2.1. Xestión de titulación de terras ante a Municipalidade e Cocode.
2.2. Reunións para explicar e solicitar información sobre o procedemento xurídico e os avances do mesmo.
2.3. Xestión do procedemento xurídico de elaboración de escrituras.
2.4. Acto de entrega de escrituras públicas.
3.1. Coordinación coas 17 comunidades e a asociación de pescadores o plan para a realización dos talleres
3.2. Elaboración de materiais de divulgación.
3.3. Acompañamento na consulta comunitaria de boa fe na defensa dos bens naturais. 

Poboación beneficiaria: 

As persoas beneficiarias directas da intervención están constituídas por unha banda por dezaoito persoas membros das respectivas corporacións municipais e un total de 486 empregados das mesmas, e por outra banda, o conxunto poboacional que conforma os dezaoito asentamentos humanos pertencentes as dúas municipalidades, vinte mil persoas.

Axudas: 

102137