Proxectos

C-13-11 Realización de programas de formación e de sensibilización en cooperación internacional e axuda ao desenvolvemento

O Servizo de Participación e Integración Universitaria (SEPIU) da Universidade de Santiago de Compostela (USC) é o encargado de xestionar, coordinar e potenciar os ámbitos do voluntariado social e da cooperación para desenvolvemento na Universidade de Santiago de Compostela.

O SEPIU está a desenvolver unha importante labor no ámbito da sensibilización, na formación en cooperación e na educación para o desenvolvemento, así como na participación en proxectos de cooperación dende a Universidade.

A través de diversas accións como Cursos de Formación de Voluntariado en Cooperación Internacional, Proxectos de Coñecemento da Realidade (PCR), Olimpíada Solidaria de Estudo e Voluntariado Universitario de Nacións Unidas ante os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio, preténdese achegar ao público universitario e á sociedade en xeral a realidade dos países en vías de desenvolvemento e a importancia da cooperación na construción dun mundo máis xusto, e así atenuar a desigualdade socioeconómica existente.

O SEPIU ten seis anos de experiencia na axuda na xestión da convocatoria de Proxectos de Coñecemento da Realidade (PCR) en colaboración con Enxeñaría Sen Fronteiras-Galicia, oito anos na organización da Olimpíada Solidaria de Estudo en colaboración coa Fundación Coopera, nove anos na organización do módulo de cooperación internacional dentro do curso de Formación Básica en Voluntariado e seis anos na convocatoria das Bolsas de Nacións Unidas. A Universidade de Santiago de Compostela é a única universidade galega que está dentro da Rede de Voluntariado Universitario de Nacións Unidas ante os Obxectivos do Milenio.

A través destas experiencias, comprobouse que estas accións son ferramentas básicas para promover a cooperación ao desenvolvemento entre o alumnado.

Hoxe en día, existe unha crecente demanda en todos os niveis políticos (local, rexional, nacional, europeo e internacional) para coñecer, de xeito sistemático, os marcos lexislativos, os contornos socioeconómicos e a dirección de ferramentas do sistema internacional de cooperación ó desenvolvemento.

O crecemento presupostario e de axentes públicos e privados foi moi elevado dende o xurdimento da Cooperación para o Desenvolvemento en España. Diferentes informes nacionais e internacionais indican que a formación e profesionalización de recursos humanos é aínda insuficiente nas diferentes estruturas da cooperación española e que o aumento de axentes, proxectos e financiamento incrementou a demanda de formación especializada.

O Máster en Cooperación para o Desenvolvemento está deseñado baixo a modalidade presencial (80%) e cunha metodoloxía teórico-práctica, onde a participación do alumno/a é esencial, dada as características das temáticas abordadas. Trátase, en definitiva, de que os alumnos/ás adquiran un coñecemento global sobre o contexto do desenvolvemento, as institucións e sectores que interveñen, e os instrumentos necesarios para facer efectivas as políticas e proxectos nos países en vías de desenvolvemento.

Dende a creación deste Máster, no curso 1998-1999, matriculáronse cerca de 250 alumnos, dos cales 220 xa finalizaron a parte teórica e práctica e, polo tanto, xa obtiveron o título do Máster.

A dirección do Máster segue mantendo contacto coa maioría do alumnado das anteriores edicións. Todos os alumnos matriculados dende a primeira edición superaron a parte teórica do Máster e realizaron as prácticas obrigatorias por un mínimo de 110 horas.

Número de alumnas/os matriculadas/os no Máster:

I Edición 30 alumnas/os
II Edición 10 alumnas/os
III Edición 21 alumnas/os
IV Edición 16 alumnas/os
V Edición 23 alumnas/os
VI Edición 20 alumnas/os
VII Edición 26 alumnas/os
VIII Edición 24 alumnas/os
IX Edición 22 alumnas/os
X Edición 26 alumnas/os
 

XI Edición 22 alumnas/os
XII Edición 19 alumnas/os
 

 

Ano: 
2011
Instrumento de financiamento: 
Convenio
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Santiago de Compostela
Axentes: 
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

OBXECTIVO XERAL.
Sensibilizar ao estudantado e á sociedade en xeral da realidade dos países en vías de desenvolvemento e da importancia da cooperación internacional e contribuír á mellora continua da cooperación galega para o desenvolvemento.
Formar a futuros administradores públicos que adquiran unha capacidade dirixente especializada na cooperación internacional, con vista ao seu desenvolvemento no sector público así como a futuros responsables de recursos humanos para as actividades de xestión nas ONG’S dedicadas á Cooperación Internacional.
Especializar na elaboración, xestión e seguimento de proxectos de cooperación para o desenvolvemento por áreas xeográficas.
OBXECTIVO ESPECÍFICO 1
-  Formación e sensibilización do alumnado universitario en cooperación e educación para o desenvolvemento.
OBXECTIVO ESPECÍFICO 2:
- Formación de directivos e especialistas na xestión pública da Cooperación Internacional e das ONG’s, prestando especial atención á cooperación na África Subsahariana e América Latina.
- Realización dun período de practicas nalgunha da ONG's colaboradora do Máster co propósito de poñer en práctica os coñecementos teóricos adquiridos ao longo do curso académico.
 

Resultados e actividades: 

Obxectivo 1
1.1. Convocatoria de Voluntariado Universitario de Nacións Unidas
1.2. Convocatoria de Proxectos de Coñecemento da Realidade (PCR)
1.3. Módulo de Cooperación Internacional e Educación para o Desenvolvemento
1.4. Curso “Comercio Xusto e consumo responsable: unha aproximación dende as propostas do terceiro sector”
Obxectivo 2
2.1. Clases Máster Módulo I
2.1. Clases Máster Módulo II
2.1. Clases Máster Módulo III
2.2. Prácticas Máster (Estadías trimestrais)
 

Poboación beneficiaria: 

A poboación beneficiaria directa do proxecto é o alumnado que participa no módulo de cooperación internacional do curso de Formación Básica en Voluntariado, nas convocatoria das Bolsas de Nacións Unidas ante os Obxectivos do Milenio e dos Proxectos de Coñecemento da Realidade (PCR)
Como beneficiarios indirectos podemos sinalar ás organizacións e institucións galegas e estranxeiras que traballan en cooperación e aos profesionais das ONGD’s que participan impartindo as charlas dos cursos.
 

Axudas: 

60000