Proxectos

C-17-11 Proxecto de axuda alimentaria urxente aos campamentos de refuxiados saharauis.

Situación Alimentaria da Poboación Refuxiada

A poboación refuxiada saharaui depende para a súa supervivencia da Axuda Internacional. Nestes momentos non podemos falar dunha situación de seguridade alimentaría pois non está garantido o acceso de toda a poboación a alimentos nutritivos en cantidade suficiente para levar unha vida activa e sa.

Todas as fontes consultadas coinciden na necesidade de complementar a dieta que recibe a poboación beneficiaria e diversificar a canastra básica que o Programa Mundial de Alimentos (PMA) ofrece mensualmente á poboación.

O Programa Mundial de Alimentos (PMA) é a axencia de Nacións Unidas, cuxo mandato é asegurar a alimentación necesaria aos refuxiados e refuxiadas saharauis. O PMA é responsable da provisión da canastra básica aos refuxiados. O programa do PMA inclúe 3 modalidades de axuda alimentaria: a xeral destinada a todos os refuxiados e refuxiadas saharauis, o complementario nutricional dirixido a nenos e nenas menores de 5 anos que presentan carencias nutricionais severas e mulleres embarazadas e en periodo de lactancia, e o programa denominado School Feed destinado aos nenos e nenas escolarizados en preescolar e educación primaria (entre os 5 e os 12 años). As dúas últimas son implementadas por ACNUR.

O programa xeral establece unha canastra básica mensual, para a Poboación saharaui refuxiada composta por 17,42 Kg por persoa que inclúe cereais, legumes, azucre, aceite e sal. Unha das características máis relevantes da canastra básica desde o punto de vista nutricional e social é a falta de diversificación desta dieta. O cereal que a poboación recibiu nos 2 últimos anos foi fariña no 93% das distribucións mensuais; as lentellas que son o legume por excelencia que máis consumen os refuxiados, está esgotada desde fai meses. Á falta de diversificación da dieta engádese a falta de complementariedade da mesma con produtos tales como o leite, a carne, o peixe, verduras, froitas e en xeral alimentos frescos.

Os problemas máis relevantes se céntranse na falta en ocasións dun Stock de seguridade suficiente (polo menos 3 meses) que garanta o acceso da poboación ás racións de alimentos previstas por mes, no caso de que se produzan problemas de abastecemento no porto de Orán ou falta de financiamento do PMA para a compra de los produtos previstos. Por outra parte os produtos que reciben no sempre reúnen a calidade necesaria para o seu consumo ou non son do gusto da poboación.

No mes de setembro de 2009 máis de 66.000 persoas non recibiron a súa ración de aceite e legumes da distribución que correspondía para ese periodo debido á falta de stock de seguridade.

No mes de febreiro 2009 do total de legumes (lentellas) previstas só se distribuíu o 29,4% (91,774 toneladas dun total de 316 toneladas necesarias) pola falta dun stock de seguridade que garantise a distribución mensual prevista ata recibir novas cantidades.
Os últimos datos (Abril e Xullo 2009) recollidos sobre o terreo indican que durante os meses de Xaneiro a Abril as lentellas que recibiu a poboación non foron consumidas debido ás características e dureza das mesmas. Durante o ano 2007 e 2008 o té subministrado polo PMA e financiado por ACNUR non foi consumido pola poboación refuxiada polas diferenzas de sabor e falta de calidade que habitualmente consume a poboación.

Especialmente crítica é a situación dos grupos máis vulnerables, mulleres embarazadas e lactantes e os nenos e nenas menores de 5 anos. Segundo se recolle nos últimos estudos nutricionais encargados polo PMA e pola Universidade Noruega, a desnutrición crónica nos nenos menores de 5 años e a anemia nestes nenos e nenas e nas mulleres entre 15 e 49 anos de idade, aumentaron significativamente, en relación aos estudos realizados en 1997, 2001 e 2002 polo PMA.

A pesar diso, o programa suplementario dirixido ás mulleres embarazadas e lactantes e aos nenos menores de 5 años que se ofrece (non hospitalizados) nos dispensarios de saúde, foi suspendido durante 7 meses entre os meses de Xullo 2008 e Febreiro de 2009 e sería de novo suspendido no mes de Setembro de 2009 por un tempo non definido aínda. A causa fundamental segundo fontes do PMA é a caducidade no mes de Agosto próximo da totalidade da soia adquirida para o programa alimentario vixente na actualidade.

Ano: 
2011
Instrumento de financiamento: 
Convenio
Rexión: 
África
País: 
TERRITORIOS SAHARAUÍS
Zona de actuación: 
Tindouf
Axentes: 
SOLIDARIEDADE GALEGA CO POBO SAHARAUÍ
Contraparte: 

Media Luna Roja Saharaui (M.L.R.S.)

Código CRS: 
72040 - Axuda alimentaria de emerxencia
Obxectivos: 

Obxectivo Xeral
Mellorar as condicions de vida da poboación saharaui.
Obxectivo Específico
Mellorada a alimentación de 4.600 persoas 2.760 mulleres 1.610 nenos e 230 anciáns.
A través da diversificación e complementación da súa dieta.

Resultados e actividades: 

ACTIVIDADES
A.1: Compra dos alimentos no terreo é dicir en Alxeria (arroz, azucre e legumbres). Tamén recollemos alimentos e productos de hixiene e menciñas doados por empresas e particulares para isto todos os anos poñemos en marcha unha campaña de recollida de alimentos. Estos Productos doados intentarémolos levar tamén aos campamentos.
A.2: Desprazamento dos vehículos desde Alxeria ata os Campamentos de Refuxiados Saharauis.
A.3: Depósitos dos alimentos mercados no almacén da Media Luna Roja Saharaui.
A.4: Distribución dos alimentos entre a poboación saharaui refuxiada. Dita distribución será realizada por persoal da asociación e colaboración con persoal da contraparte local.

Poboación beneficiaria: 

Os beneficiarios directos son 4.600 persoas 2.760 mulleres, 1.610 nenos/as e 230 anciáns. Os alimentos son distribuídos según criterio da Media Luna Roja Saharaui xa que coñecen as necesidades das persoas beneficiarias.

Axudas: 

Ano 2011: 17.183,00