Proxectos

Cambia de papel - Empresas e Cooperación

Este proxecto ten como obxectivo traballar co tecido empresarial a educación ao desenvolvemento para promover un cambio de papel neste colectivo por unha banda informando e formamando ás direccións, persoal e asociadas/os das entidades empresariais sobre a cooperación ao desenvolvemento nas súas múltiples facetas e pola outra conseguir unha implicación activa das empresas e individuos na loita contra a pobreza. O proxecto busca tamén transformar a autopercepción das empresas e que estas comprendan o seu papel fundamental para a cooperación ao desenvolvemento, tanto como catalizadoras de mensaxes á súa clientela como como axentes que apoien co seu comportamento ético a loita contra a pobreza.

Ano: 
2011
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Educación para o desenvolvemento
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
IMPLICAD@S NO DESENVOLVEMENTO
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

OBXECTIVO XERAL:
Implicar ao tecido empresarial galego na defensa de valores como a xustiza e a igualdade, fomentando o coñecemento da realidade dos países do Sur e as causas da pobreza dende un enfoque de xénero, contribuíndo deste xeito as esforzos internacionais a prol da creación dunha alianza mundial contra a pobreza.
OBXECTIVO ESPECÍFICO:
Contribuíuse a que o persoal, asociadas e clientela de empresas galegas coñezan os problemas do desenvolvemento e dean pasos para a erradicación da pobreza a través de iniciativas concretas dende o enfoque de xénero encadradas no marco de traballo de Implicadas.

Resultados e actividades: 

Resultado 1
1.1.1. Contactos coas agrupacións de empresas e empresas obxectivo
1.1.2: Cursos de formación sobre cooperación ao desenvolvemento
Resultado 2
1.2.1: Difusión nos taboleiros e outros soportes da empresa, medios dixitais, de información sobre campaña xeral CAMBIA DE PAPEL
1.2.2: Inclusión de mensaxe da campaña global CAMBIA DE PAPEL en produtos da empresa ou en calquera vía de comunicación coa clientela.
1.2.3.: Creación de grupos de voluntariado internos en polo menos 3 empresas.
1.2.4.: Participación de equipos de empresa na carreira popular organizada no marco da campaña global CAMBIA DE PAPEL.
 

Axudas: 

22.530,00 € (2011: 9.012,00 € - 2012: 13.518,00 €)