Proxectos

Camiños cara á resiliencia: fortalecemento do apoio psicosocial e a protección dos nenos e as familias afectados pola guerra en Ucraína

O presente proxecto ten como obxectivo mellorar o benestar psicosocial de nenos, nenas e xuventude afectados pola guerra, reforzando os seus mecanismos de resiliencia e o seu acceso a servizos de saúde mental e apoio psicosocial. Esta iniciativa forma parte dunha intervención máis ampla de Terra de Homes en Ucraína e dá continuidade aos dous proxectos previos financiados pola Xunta de Galicia en 2023 e 2024.

Desde o inicio da invasión en 2022, a guerra en Ucraína provocou unha das maiores crises humanitarias do mundo. Más de 12,7 millóns de persoas necesitan asistencia humanitaria, cun impacto devastador na infancia: 7,5 millóns de nenos e nenas foron directamente afectados, véndose privados de acceso a educación, servizos básicos e contornas seguras. Nas rexións de Járkiv, Mykolaiv e Dnipropetrovsk, a situación é especialmente crítica. A proposta responde a esta crise humanitaria cun enfoque baseado na protección infantil, o fortalecemento de capacidades e a resiliencia comunitaria.

Ano: 
2025
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Acción Humanitaria
Rexión: 
Europa
País: 
UCRANIA
Axentes: 
TIERRA DE HOMBRES (FUNDACIÓN)
Contraparte: 

Terre des hommes Ucrania

Obxectivos: 

Xeral: Contribuír á mellora do benestar psicosocial e a protección de nenos, nenas, adolescentes e as súas familias afectadas polo conflito nas rexións de Járkiv, Mykolaiv e Dnipropetrovsk, mediante a provisión de servizos integrais de apoio psicosocial, fortalecemento de capacidades comunitarias e establecemento de mecanismos sostibles de protección infantil.

Específico: Mellorar o benestar psicosocial de nenos, nenas e novas afectados polo conflito en Ucraína

Resultados e actividades: 

RE 1.1 As capacidades do persoal de Tdh e dos socios locais na implementación de intervencións de apoio psicosocial (MHPSS) e saúde mental de calidade fortalecéronse.

            A.1.1.1. Formación de facilitadores de Child Friendly Spaces (CFS) en metodoloxías MHPSS

A.1.1.2. Supervisión e apoio continuo en MHPSS aos facilitadores

RE 1.2. : Prestación de MHPSS a nenos e xuventude

A.1.2.1. Establecemento e fortalecemento de Espazos Amigos da Infancia (CFS) para a provisión de apoio psicosocial

A.1.2.2. Implementación de apoio psicosocial a través dos CFS

Poboación beneficiaria: 

Directa: 735 (372 mulleres/nenas, 363 homes/nenos)

Indirecta: 2925 (1476 mulleres/nenas, 1449 homes/nenos)

Axudas: 

25.000,00 € (2025)