Proxectos

CAMPAÑA DE SENSIBILIZACIÓN E EDUCACIÓN EN VALORES: POLO DEREITO DE TODAS AS PERSOAS A UNHA VIDA DIGNA

Beneficiarios

Poboación en xeral. Base social de Intermon Oxfam. 2000 Centros escolares de primaria e secundaria. 100 Persoas voluntarias

Obxectivos

  1. Sensibilizar e educar á sociedade galega sobre a situación de pobreza dos países do sur, as causas que a producen e as ferramentas e pasos necesarios para conseguir o acceso a unha vida digna de todas as persoas
  2. Dinamizar e implicar á cidadania e ao voluntariado de Galicia na construción dun mundo máis xusto, participando activamente nas actividades e espacios de formación en torno á necesidade de loitar pola erradicación da pobreza e o dereito de todas as persoas a unha vida digna
  3. Impulsar á ”cidadanía global” como corrente educativa que recolla os eixos temáticos das diferentes educacións para: o desenvolvemento, a paz, o medio ambiente, interculturalidade, xénero e os dereitos humanos

Accións

  • Conferencia-coloquio ”Visitas do sur”, 4 en total (Coruña, Vigo e Santiago).
  • Exposición itinerante ”As caras da solidariedade”. Santiago, Vigo e Coruña
  • Formación de voluntariado
  • Xornadas de solidariedade ”Un día para a esperanza”. En Coruña, Vigo e Santiago simultaneamente
  • Acción de sensibilizacion na rúa
  • Distribución da proposta educativa
  • Distribucion de maletas pedagóxicas
  • Foro virtual ”Conectando Mundos”
Ano: 
2006
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Educación para o desenvolvemento
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
INTERMÓN OXFAM (FUNDACIÓN)
Axudas: 

13.000 euros