Proxectos
CAMPAÑA DE SENSIBILIZACIÓN E EDUCACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO SOBRE CONSUMO RESPONSABLE E COMERCIO XUSTO. COMERCIO CON SENTIDO
Beneficiarios
Poboación galega
Obxectivos
-
Promover entre a sociedade galega un consumo responsable e comprometido coas sociedades do Sur
-
Informar e formar sobre o actual sistema comercial internacional
-
Sensibilizar sobre a situación de explotación de miles de persoas en países do Sur
-
Dar a coñecer o Comercio Xusto
Actividades
-
Elaboración de materiais didácticos e informativos. Contrátase empresa de publicidade para o deseño da campaña. Adaptación específica dos materiais didácticos para o estudantado
-
Obradoiros formativos en centros galegos de ESO. Selección de centros comprometidos coa Educación para o Desenvolvemento: Vigo, Verín, Vilagarcía, Ribadeo e A Coruña, distantes das principais cidades galegas. Dinámicas participativas a cargo de persoal especializado de SI. Entrega de documentacion ao alumnado e profesorado e material de apoio(guias didácticas)
-
Reunións informativas co profesorado dos centros participantes. Dar información dos obxectivos da campaña tratando de sensibilizar sobre a importancia da transmisión de valores solidarios e na promoción de actitudes comprometidas co desenvolvemento das persoas máis desfavorecidas
-
Actos informativos coa presenza dunha persoa do Sur membro dunha cooperativa de agricultora/artesá. A finalidade é ofrecer a cara positiva das persoas que melloraron as súas condicións de vida a través da comercialización dos seus produtos segundo criterios de Comercio Xusto. Tamén se contará cunha persoa galega especializada en Dereitos Laborais e Cooperación Exterior
-
Exposición fotográfica itinerante. Selección de fotografías en soporte ENARA
-
Feira itinerante de comercio xusto. Duración dunha xornada en 5 localidade galegas. Instalación de 5 carpas temáticas: unha de carácter xeral, e outras 4 que representarán 4 produtos característicos do Comercio Xusto: café cacao, infusións e algodon orgánico. Contan con persoal voluntario formado previamente que informarán sobre os produtos. Tamén haberá degustacións gratuitas e entrega de documentación específica. Actividade complementada con iniciativas lúdicas e de entretemento. Inclúese a presencia da exposición fotográfica da acción
-
Concurso gastronómico con produtos de comercio xusto. Dirixido a 5 escolas de Hostelería de Galicia: Santiago, Gallina Blanca, San Javier, Carlos Oroza e Vilamarín. Ao finalizar elaboraráse un libro de recetas con base nos produtos de comercio xusto que se distribuirá de forma gratuita entre as persoas participantes e a través das tendas de comercio xusto
Ano:
2006
Instrumento de financiamento:
Convocatoria Educación para o desenvolvemento
Rexión:
Europa
País:
ESPAÑA
Zona de actuación:
Galicia
Axentes:
SOLIDARIEDADE INTERNACIONAL GALICIA
Axudas:
15.000 euros