Proxectos

CAMPAÑA DE SENSIBILIZACIÓN E FORMACIÓN DO PROFESORADO CON ENFOQUE DE XÉNERO: INTERCAMBIO DE EXPERIENCIAS GALICIA E CENTRO CULTURAL POVEDA DA REPÚBLICA DOMINICANA

Xerar e favorecer entre nenas e nenos, a mocidade, e persoas adultas unha actitude crítica e solidaria ante as desigualdades múltiples que soportan as mulleres no mundo e de compromiso coa necesidade de avanzar cara á equidade de xénero para que o mundo avance

Ano: 
2007
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Educación para o desenvolvemento
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
INTERED GALICIA
Obxectivos: 

Contribuír á sensibilización e educación das mulleres e homes do Sur e do Norte, e particularmente de docentes e alumnado, na equidade de xénero Favorecer na cidadanía do Norte unha actitude crítica ante as iniciativas das mulleres dos países do Sur, destacando o papel que desempeñan na loita contra a pobreza e na promoción do desenvolvemento económico, da paz, da defensa dos dereitos humanos, da seguridade alimentaria, etc.

Resultados e actividades: 

- Formación ao profesorado e axentes sociais en temas de educación con enfoque de xénero a través de seminarios, obradoiros ou cursos, co profesorado do Sur e persoal de InteRed especialista no tema.
- Foros, seminarios e conferencias ao longo do curso escolar 2007-2008 abertos á cidadanía galega.
- Serigrafiar os DVD dos documentais da campaña
- Guías didácticas como unha ferramenta para o profesorado e os axentes de sensibilización dos Concellos e Centros Culturais que traballen coa exposición.
- Versión en galego da web
- www.intered.org
- www.intered.org/igualdadexenero

Poboación beneficiaria: 

- Alumnas e alumnos de Centros de Ensinanza de Secundaria, Bacharelato e Universidade de A Coruña, Arteixo , A Guarda, Bergondo, Cambre, Culleredo, Caldas de Reis, Gondomar, Lalín, Monforte de Lemos, O Rosal, Santiago de Compostela, Tomiño, Vilagarcía de Arousa, Vigo, onde InteRed Galicia instalou ás súas exposicións fotográficas
- O Profesorado de ditos centros
- As mulleres usuarias dos Centros da Muller
- Alumnas e alumnos dos Cursos
- Obradoiros de Formación do Voluntariado Internacional. Interdependencia Solidaria
- Xornalistas dos medios locais, autonómicos e nacionais
- As socias e socios de InteRed Galicia con residencia na Autonomía.- Membros de ONGD galegas
- Membros das Asociacións de Mulleres de Galicia
- Voluntarias e voluntarios pertencentes ás entidades integradas no plan Plan de Voluntariado de Galicia 2006-2010.

Axudas: 

17295