Proxectos

CAMPAÑA DE SENSIBILIZACIÓN EDUCAR SUMANDO, A FÓRMULA DO CAMBIO. A EDUCACIÓN INCLUSIVA, MOTOR DO DESENVOLVEMENTO HUMANO

Promover o desenvolvemento da educación inclusiva como estratexia para a consecución dunha sociedade galega máis xusta e equitativa

Ano: 
2009
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Educación para o desenvolvemento
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
INTERED GALICIA
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Favorecer a sensibilización e a formación da sociedade galega sobre o dereito a unha educación máis inclusiva e de calidade en América Latina, como ferramenta para o desenvolvemento e a transformación de sociedades excluíntes

Resultados e actividades: 

- Edición dunha exposición fotográfica de dez paneis en galego e castelán (edición e maquetación da súa guía didáctica en galego, castelán e braille; edición de materiais didácticos adaptados ao tema; deseño e edición do cartel; deseño e edición do tríptico da campaña; edición do resumo da investigación co tema da educación inclusiva en Galicia)
- Presentación da campaña cun acto público
- Desenvolver un seminario de formación sobre a educación inclusiva, dividido en dúas sesións, en Santiago de Compostela ou outra cidade galega

Poboación beneficiaria: 

1) Educadoras e educadores da educación non formal dos concellos de Arteixo, Bergondo e Cambre, Dumbría, Santiago de Compostela, Mariña lucense (especialmente Mondoñedo e Lourenzá), Caldas de Reis, Vilagarcía de Arousa, O Rosal, Pontevedra e Lalín.
2) Profesorado e o seu alumnado de Infantil, Primaria, Secundaria e Bacharelato dos centros educativos de Coruña (1 centro), Arteixo, Bergondo, Cambre, Touro, O Grove, Vigo, Tui, Lalín, Tomiño, Monforte de Lemos, Lugo, Mondoñedo, Lourenzá, Viana do Bolo e ás familias (ANPAS).
3) Alumnado universitario e profesorado das tres universidades galegas serán invitados a participar da formación do seminario.
4) CFR Vigo. CFR Ourense, CFR Tui-Vigo.
5) Sociedade en xeral e medios de comunicación.

Axudas: 

14122