Campaña de sensibilización “Santiago sen Fronteiras”
"Santiago sin Fronteiras” está integrado dentro da Campaña global “Cidades sen fronteiras” de MSF. É unha campa de Sensibilización que ten como obxectivo concienciar á poboación española da importancia de realizar unha Acción Humanitaria independente e de calidade dirixida ás poboacións en situacións complexas, poñendo énfase nos contextos de violencia extrema.
Coa campaña “Santiago sen fronteiras”, poñendo en marcha tódalas ferramentas de sensibilización e incidencia cidadá, mostrarase á cidadanía as problemáticas ás que deben facer fronte outras poboacións (conflitos armados, catástrofes naturais, enfermidades endémicas, desprazamentos...) dende a experiencia e o coñecemento de persoal de MSF que estiveron en terreo
Obxectivo xeral: Poboación de Santiago de Compostela informada, concienciada e sensibilizada sobre a importancia da Acción Humanitaria.
Obxectivo específico: A poboación de Santiago de Compostela entende que é a Acción Humanitaria, os principios que deben guiala e o que a distingue da Cooperación ao Desenvolvemento.
Resultado 1.1: Postas ao alcance da poboación de Santiago de Compostela ferramentas que explican e informan sobre a Acción Humanitaria en xeral e en particular da que desenvolve MSF. Especialmente a posta en marcha en contextos de violencia e conflitos armados.
Actividades
A 1.1.1: Deseñar, producir e distribuír material divulgativo da Campaña.
A 1.1.2: Exposicións fotográficas sobre diversas temáticas
Resultado 1.2: A poboación de Santiago de Compostela participa nun diálogo directo con persoal de MSF para falar e informarse sobre que é e como funciona a Acción Humanitaria.
Actividades
A 1.2.1: Mesas redondas, charlas e diálogos sen fronteiras
A 1.2.2: Checkpoint informativo con voluntarios/as da organización
A 1.2.3: Ciclo Videoforum da Acción ás palabras
A 1.2.4: Actividades infantís
Directa: Persoas colaboradoras de MSF en Santiago de Compostela (2.314 persoas).
Indirecta: Poboación total de Santiago de Compostela (95.671 persoas).
4.000 € (2014)