CAMPAÑA DE SENSIBILIZACIÓN A TRAVÉS DE FERRAMENTAS AUDIOVISUAIS QUE PROMOVAN ESTRATEXIAS DE ECONOMÍA SOLIDARIA PARA AXUDAR A ACADAR OS OBXECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO DO MILENIO
Este proxecto trata de sensibilizar á poboación galega sobre prácticas de consumo que promoven o desenvolvemento como ferramenta para axudar a acadar os obxectivos de desenvolvemento do milenio. Para elo deseñarase, elaborarase e difundirase unha campaña sobre prácticas de comercio xusto, banca e aforro ético e consumo responsable, a partir dunha preparación colectiva dos seus contidos con organizacións especializadas en cada sector, que dean como resultado unha serie de materiais escritos e audiovisuais que sexan a base de distintas accións de sensibilización con poboación galega.
Período de execución: setembro 2010 – maio 2011
Sensibilizar á poboación galega sobre prácticas de consumo que promoven o desenvolvemento como ferramenta para axudar a acadar os obxectivos de desenvolvemento do milenio
- Edición e publicación de boletíns monográficos sobre comercio xusto, banca e aforro ético, consumo responsable, feitas en conxunto con organizacións especializadas nas temáticas a tratar.
- Realización de 2 cursos sobre ferramentas de comunicación audiovisual, para organizacións que en Galicia traballan nos eidos de comercio xusto, consumo responsable e banca e aforro ético.
- Deseño e realización 2 documentais sobre comercio xusto, banca e aforro ético e consumo responsable.
- Presentacións da campaña e realización de vídeo -forums en centros educativos, centros cívicos, sociais e veciñais.
- Difusión do pack da campaña entre as organizacións participantes no proxecto e polo menos outras 100 organizacións, ademais de na páxina web xunto con todos os materiais elaborados.
- Organizacións participantes do proceso de elaboración da campaña.
- Organizacións de cooperación, sociais, veciñais, culturais, educativas, de tempo libre e rede de bibliotecas públicas que recibirán os materiais elaborados.
- Persoas participantes das actividades previstas.
24.987,65 € (2010: 9.995,06 € - 2011: 14.992,59 €)