Proxectos

CAMPAÑA EDUCATIVA DE MOBILIZACIÓN E COOPERACIÓN DE UNICEF GALICIA CO PROGRAMA DE SUPERVIVENCIA INFANTIL DE UNICEF EN NÍXER

Partindo do exemplo concreto da situación da infancia en Níxer, preténdese mobilizar as vontades no Norte para propiciar o cambio social que levará a unha sociedade máis consciente e comprometida coas desigualdades do mundo

Ano: 
2009
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Educación para o desenvolvemento
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
UNICEF
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Dar a coñecer á comunidade galega a situación de vulneración dos dereitos da infancia nos países menos desenvolvidos e actuar en consecuencia.

Resultados e actividades: 

- Contacto telefónico cos centros de formación de profesores e cos distintos departamentos da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
- Redacción de contidos do boletín autonómico incluíndo o proxecto.
- Distribución do KIT entre as escolas de secundaria acompañado dunha carta que sitúe o material como continuación da estratexia comezada co DVD de Binta (2007), e continuada co Manual de Educación para o desenvolvemento (2008).
- Distribución do manual entre as sedes de UNICEF en Galicia e os CEFORES.
- Envío dos materiais a outras sedes de UNICEF e resposta ás peticións extra por parte da CGONGD ou dos propios centros 

Poboación beneficiaria: 

Beneficiarios directos da acción:
- Profesorado e alumnado dos centros públicos e concertados de secundaria e bacharelato de Galicia
- 7 Centros de Formación e Recursos do Profesorado
- 7 sedes de UNICEF en Galicia

Axudas: 

9330