Campaña Mundial pola Educación 2014 (CME 2014)
O proxecto dá continuidade ao traballo de sensibilización da sociedade galega en xeral e da comunidade educativa galega en particular, verbo da situación da educación no mundo. A ferramenta fundamental coa que conta cada ano esta Campaña é a celebración anual da Semana de Acción Mundial pola Educación (SAME), unha acción global de mobilización social e incidencia política que se realiza en Galicia dende o ano 2003 no mes de abril. Dende 2008 a Campaña Mundial pola Educación en Galicia conta co apoio financeiro da Xunta de Galicia. A consolidación da Semana de Acción Mundial pola Educación en Galicia posibilitou un espazo estable para a participación cidadá e a sensibilización da opinión pública galega e dos responsables políticos da Cooperación Galega verbo da situación da educación no mundo.
Obxectivo Xeral: Promover a realización do dereito á educación a través do cumprimento dos obxectivos de educación para todos e todas do Marco de Acción de Dakar e dos ODM referidos a educación.
Obxectivo Específico: Consolidado o compromiso da comunidade educativa e dos axentes sociais galegos para a mobilización e participación cidadá na esixencia do cumprimento dos ODM e dos Obxectivos de Educación para Todos e Todas establecidos no Marco de Acción de Dakar.
Resultado 1.1: Formada e implicada a comunidade educativa galega na conciencia da importancia dos ODM e dos Obxectivos de Educación para todas y todos de Dakar e a necesidade de esixir o seu cumprimento para 2015.
Actividades:
A.1.1.1: Traducir, editar, imprimir e difundir o material educativo da Campaña Mundial pola Educación 2014 entre os centros educativos participantes.
A.1.1.2: Traducir, editar, imprimir e difundir o material de difusión da Campaña Mundial pola Educación 2014 entre os centros educativos participantes.
A.1.1.3: Planificar e celebrar xuntanzas cos centros educativos participantes.
A.1.1.4: Coordinar, asesorar, dinamizar e apoiar tecnicamente aos equipos locais da CME en Galicia.
A.1.1.5: Diseñar, crear e difundir exposición sobre os logros da CME 2014 en nos centros educativos.
Resultado 1.2: Difundidos entre os axentes sociais galegos e os actores da cooperación galega para o desenvolvemento as seguintes cuestións: aspectos relacionados co dereito á educación, os ODM, os obxectivos da educación para todos e todos de Dakar e a AOD galega.
Actividades:
A.1.2.1: Traducir, editar, imprimir e difundir o documento de posicionamento da CME 2014.
A.1.2.2: Realizar, imprimir e difundir un informe sobre a AOD en educación da cooperación galega.
A.1.2.3: Planificar e celebrar xuntanzas con axentes sociais galegos e actores da cooperación galega ao desenvolvemento.
Resultado 1.3: Sensibilizada a opinión pública galega e as persoas responsables políticas e técnicas da cooperación galega sobre o dereito á educación, os ODM os obxectivos de educación para todos e todas de Dakar.
Actividades:
A.1.3.1: Planificar, organizar e celebrar os actos públicos da Semana de Acción Mundial pola Educación 2014.
A.1.3.2: . Executar a estratexia de comunicación pública da Campaña Mundial pola Educación 2014.
A.1.3.3: Deseñar, crear e difundir unha exposición sobre os logros da CME nestes anos.
Directa: 3.620 (2.070 mulleres)
Indirecta: ---
35.260,00 (2013:14.104,00; 2014:21.156,00)