Campaña mundial pola educación 2015 en Galicia
O equipo territorial da CME en Galicia e as ONGD que a integran aos efectos deste proxecto queren culminar o traballo de máis de 10 anos en Galicia sensibilizando e formando a sociedade galega e a comunidade educativa, sobre a situación da educación no mundo.
A CME quere poñer na axenda pública e política de Galicia o incumprimento na consecución dos obxectivos de EPT (Educación para Todas) o dos ODM, en especial dos obxectivos referidos á educación no mundo.
Para tal fin, o equipo territorial da CME en Galicia levará a cabo una intervención coordinada entre as ONGD que integran este proxecto e despregará unha batería de accións de formación, sensibilización, mobilización e incidencia para chegar a dous segmentos de poboación claves: a comunidade educativa galega e a sociedade civil galega.
Obxectivo Xeral: Promover a realización do dereito á educación a través do cumprimento dos obxectivos de educación para todos e todas do Marco de Acción de Dakar e dos ODM referidos a educación.
Obxectivo Específico: Promover na comunidade educativa e na sociedade civil galega respostas sociais, educativas e políticas a favor do dereito a educación para todos e todas no marco de Acción de Dakar e dos ODM, chegada a data límite do ano 2015 para o seu cumprimento.
Resultado 1.1: A comunidade educativa galega reivindica o dereito a unha educación de calidade para todos e todas, e denuncia o incumprimento na consecución dos obxectivos da EPT no marco de Acción de Dakar e dos ODM, chegada a data límite do ano 2015 para o seu cumprimento.
Actividades
A1.1.1: Traducir, editar, imprimir e difundir o material educativo (unidades didácticas) da Campaña Mundial pola Educación 2015 entre os centros educativos participantes.
A1.1.2: Traducir, editar, imprimir e difundir o material de difusión (carteis, folletos e documento de posicionamento) da Campaña Mundial pola Educación 2015 entre os centros educativos participantes.
A1.1.3: Planificar e celebrar xuntanzas cos centros educativos participantes.
A1.1.4: Coordinar, asesorar, dinamizar e apoiar técnicamente aos equipos locais da CME en Galicia, e coordinación co equipo nacional da CME
Resultado 1.2: Sensibilizada a opinión pública galega sobre o dereito á educación e a situación de incumprimento na consecución dos obxectivos da EPT educación para todos e todas no marco de Acción de Dakar e dos ODM, chegada a data límite do ano 2015 para o seu cumprimento.
Actividades
A1.2.1: Organización dun seminario internacional sobre a situación da educación no mundo chegada a data límite do ano 2015 para o cumprimento dos ODM.
A1.2.2: Organización dunha xira galega con persoas de contrapartes locais de países do Sur expertas en educación
A1.2.3: Difundir a exposición sobre a situación da educación no mundo e os logros da CME en diferentes espazos públicos de A Coruña, Santiago de Compostela, Lugo e Vigo.
A1.2.4: Planificar, organizar e celebrar os actos públicos da Semana de Acción Mundial pola Educación 2015.
A1.2.5: Executar a estratexia de comunicación pública da Campaña Mundial pola Educación 2015.
Directa: Un total de 2.950 persoas, das cales 100 son mulleres, 1500 nenas, 50 homes e 1300 nenos.
Indirecta: Un total de 23.200 persoas, das cales 800 son mulleres, 12.000 nenas, 400 homes e 10.000 nenos.
34.000€; 13.600 € (2014) e 20.400 € (2015)