Proxectos

Campaña mundial pola educación 2017 en Galicia

Descrición: Este proxecto quere dar continuidade ao traballo de sensibilización, formación e incidencia ante a situación da educación no mundo que a Campaña Mundial pola Educación (CME) en Galicia leva traballando durante máis de 10 anos no eido da comunidade educativa e dos actores de cooperación. Para tal fin o equipo territorial da CME en Galicia levará a cabo unha intervención coordinada entre as ONGD que integran este proxecto co Obxectivo de “Promover na comunidade educativa e na sociedade civil galega respostas sociais, educativas e políticas a favor do dereito á educación para todos e todas e dos ODS sobre educación no novo Marco de Educación 2030”.

Ano: 
2016
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Educación para o desenvolvemento
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
ENTRECULTURAS FE E ALEGRÍA (FUNDACIÓN)
AXUDA EN ACCIÓN (FUNDACIÓN)
TALLER DE SOLIDARIEDADE (FUNDACIÓN)
FUNDACIÓN EDUCACIÓN E COOPERACIÓN - EDUCO
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Obxectivo xeral:
Promover a realización do dereito á educación a través da difusión e cumprimento dos novos compromisos mundiais post-2015 de educación para todos e todas do novo Marco de Acción pola Educación 2030.
Obxectivo específico:
Promover na comunidade educativa e na sociedade civil galega respostas sociais, educativas e políticas a favor do dereito á educación para todos e todas e dos ODS sobre educación no novo Marco de Acción pola Educación 2030.

Resultados e actividades: 

R1. A comunidade educativa galega reivindica o dereito a unha educación de calidade para todos e todas, coñece e reivindica o cumprimento dos novos obxectivos da EPT e de educación dos ODS no novo Marco de Acción pola Educación 2030.
A1.1. Traducir, editar, imprimir e difundir o material educativo (unidades didácticas) da Campaña Mundial pola Educación 2017 entre os centros educativos participantes.
A1.2. Traducir, editar, imprimir e difundir o material de difusión (carteis, folletos, documento de posicionamento, banners e pé de firma) da Campaña Mundial pola Educación 2017 entre os centros educativos participantes.
A1.3. Traducir e editar material de difusión online (banners, pé de firma do correo electrónico) da Campaña Mundial pola Educación 2017.
A1.4. Planificar e celebrar xuntanzas cos centros educativos participantes.
A1.5. Coordinar, asesorar, dinamizar e apoiar tecnicamente aos equipos locais da CME en Galicia, e coordinación co equipo nacional da CME
A1.6. Realizar obradoiros de sensibilización sobre a CME en centros educativos
A1.7. Difusión dun xogo online de preguntas e respostas sobre a situación da educación no mundo ata a data 2015 e os novos obxectivos da EPT e de educación dos ODS no novo Marco de Acción post-2015.
R2. Sensibilizado e formado o profesorado e o estudantado universitario galego como actores multiplicadores clave sobre o dereito á educación, a súa situación no mundo e a importancia do cumprimento na consecución dos novos obxectivos da EPT de educación para todos e todas e de educación, o ODS 4 no novo Marco de Acción pola Educación 2030.
A2.1. Organización dun seminario sobre a importancia da Educación a tavés da renovada axenda de Educación 2030.
A2.2. Difundir a exposición sobre a situación da educación no mundo e os logros da CME en diferentes espazos públicos das catro provincias galegas.
A2.3. Planificar, organizar e celebrar os actos públicos da Semana de Acción Mundial pola Educación 2017.
A2.4. Executar a estratexia de comunicación da Campaña Mundial pola Educación 2017.

Poboación beneficiaria: 

Directa: No eido da comunidade educativa concretada en 60 centros das catro provincias estímase que a poboación beneficiaria directa será de 225 docentes e 4200 alumnos/as. No relativo ao traballo de sensibilización da opinión pública galega espérase chegar de forma directa a máis de 1.000 persoas.
Indirecta: Como participantes indirectos estímanse as comunidades educativas dos 60 centros de referencia onde se levará a cabo a CME2017 dunha forma máis activa. Así mesmo, vaise chegar a un número moito maior na medida en que se esperan máis de 70 impactos en medios de comunicación galegos e medios dixitais. Estímase que a poboación beneficiaria indirecta será de 1.800 persoas adultas (600 homes e 1200 mulleres) e 33.000 menores (15.000 nenos e 18.000 nenas).

Axudas: 

39.000,00 €; 15.600,00 € (2016) e 23.400,00 € (2017)