Proxectos

Campaña Mundial pola Educación 2019 en Galicia

Fundación Axuda en Acción agrupada con Entreculturas, Educo e Taller de Solidaridad.

Con este proxecto, o equipo territorial da Campaña Mundial pola Educación (CME) en Galicia formado por Axuda en Acción, Entreculturas, Educo e Taller de Solidaridad, queren afondar o traballo de máis de 15 anos en Galicia sensibilizando e formando a sociedade galega e a comunidade educativa, sobre a situación da educación no mundo.

No próximo curso escolar 2018 – 2019 a CME quere dar visibilidade e poñer na axenda pública e política de Galicia a nova axenda de Educación 2030 desenvolvida no marco dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), dos que é parte fundamental a través do ODS 4.

A CME en xeral e este proxecto en particular, ten como finalidade última contribuír ao cumprimento íntegro dos compromisos internacionais asinados polos gobernos para garantir o acceso a unha educación gratuíta, equitativa, de calidade para todas as persoas do mundo.

Para tal fin o equipo territorial da CME en Galicia levará a cabo una intervención coordinada entre as ONGD que integran este proxecto co Obxectivo de “Promover na comunidade educativa e na sociedade civil galega respostas sociais, educativas e políticas a favor do dereito á educación e dos ODS en educación no novo Marco de Acción pola Educación 2030”.

Deste xeito, as catro ONGD integrantes despregarán una batería de accións de formación, sensibilización, mobilización e incidencia para chegar a dous segmentos de poboación claves para a CME, a comunidade educativa galega e a sociedade civil galega, enfocada na poboación universitaria.

Ano: 
2018
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Educación para o desenvolvemento
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
AXUDA EN ACCIÓN (FUNDACIÓN)
ENTRECULTURAS FE E ALEGRÍA (FUNDACIÓN)
FUNDACIÓN EDUCACIÓN E COOPERACIÓN - EDUCO
TALLER DE SOLIDARIEDADE (FUNDACIÓN)
Obxectivos: 

Obxectivo xeral: Contribuír ao cumprimento íntegro dos compromisos internacionais asinados polos gobernos para garantir o acceso a unha educación gratuíta, equitativa e de calidade para todas as persoas do mundo.

Obxectivo específico: Promover na comunidade educativa e na sociedade civil galega respostas sociais, educativas e políticas a favor do dereito á educación e dos ODS en educación no novo Marco de Acción pola Educación 2030.

Resultados e actividades: 

Resultado 1: A comunidade educativa galega coñece e reivindica o dereito a unha educación de calidade para todos e todas, no novo Marco de Acción pola Educación 2030

R1.A1.1 Difundir o material educativo da Campaña Mundial pola Educación 2019 facilitado pola CME estatal (unidades didácticas para infantil, primaria, secundaria e bacharelato) entre os centros educativos participantes.

R1.A1.2 Traducir, maquetar imprimir e publicitar o material de difusión en formato físico(carteis, folleto, manifesto, documento de posicionamento e símbolo con slogan) e online (banner, pezas para redes sociais) da Campaña Mundial pola Educación 2019.

R1.A1.3  Difundir en centros educativos a guía de formación en incidencia política para nenos/as embaixadores da CME, elaborada e impresa durante a CME 2018, e aprópianse da mesma de cara a empregala co alumnado durante a CME 2020.

R1.A1.4 Ofrecer obradoiros en centros educativos, dirixidos por voluntariado das ONGD do consorcio da CME, sobre o dereito a unha educación de calidade para todos e todas, no novo Marco de Acción pola Educación 2030.

Resultado 2: Sensibilizado o profesorado e o estudantado universitario galego, como actores multiplicadores clave para reclamar aos gobernos o cumprimento dos compromisos internacionais para garantir unha educación gratuíta, equitativa, de calidade para todas as persoas do mundo

R2.A2.1 Organización de relatorios ou intervencións en colaboración coas universidades de Santiago de Compostela e A Coruña sobre a nova axenda de educación 2030 e a CME, dirixidas especialmente a estudantes de CC. da educación, pedagoxía, educación social e mestrado de profesorado.

R2.A2.2 Planificar, organizar e celebrar os actos centrais da Semana de Acción Mundial pola Educación (SAME) 2019 en Galicia.

R2. A2.3 Executar a estratexia de comunicación pública da Campaña Mundial pola Educación no curso 2018 - 2019.

Resultado 3: Mellorada a orientación xeral da CME en Galicia para o medio e longo prazo, o funcionamento do seu consorcio, e as alianzas con axentes clave que fortalezan os labores de incidencia política e sensibilización da sociedade en defensa do dereito a unha educación de calidade para todos e todas, no novo Marco de Acción pola Educación 2030.

R3.A3.1 Identificación do proxecto, realizada no prazo de 3 meses anteriores a presentación da CME 2019 a convocatoria de axudas para proxectos de EpD e para a Cidadanía Global da Xunta de Galicia.

R3.A3.2 Elaborar unha proposta mellorada do proxecto da CME en Galicia e da organización do consorcio que a conforma para o curso 2019-2020, que atenda as recomendacións da identificación realizada.

R3.A3.3 Promover o traballo en rede e afianzar alianzas cos axentes clave da CME identificados para o fortalecemento no medio e longo prazo da CME en Galicia.

ACTIVIDADES COMÚNS AOS TRES RESULTADOS

A4.1 Coordinación do proxecto (planificación e organización das actividades, execución do orzamento, elaboración dos informes intermedios e final, coordinación do consorcio galego, interlocución co equipo estatal da CME)

Poboación beneficiaria: 

Directa: co conxunto de actividades desde proxecto se espera chegar de forma directa a máis de 400 alumnos/as de centros educativos (58 % mulleres), 15 docentes e a polo menos 60 alumnos/as e 2 docentes universitarios

Indirecta: Como participantes indirectos consideramos as comunidades educativas dos centros onde se levará a cabo a CME 2018 dunha forma máis activa (15 centros), cun ámbito de influencia estimado de 100 rapaces e rapazas por centro (50 % mulleres), o que sumaría a 750 rapaces e 750 rapazas como participantes indirectos, onde se inclúen tamén aqueles aos que chegaremos a través das redes sociais grazas a estratexia de comunicación da CME. Trátase de ao redor de 6.500 persoas. 

Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia 16.605 €: 6.642€ (2018) + 9.963€ (2019)