Campaña Mundial pola Educación 2020 en Galicia
Continuidade do proxecto Campaña Mundial pola Educación 2019 en Galicia, a través do que o equipo territorial da Campaña Mundial pola Educación (CME) en Galicia, formado por Axuda en Acción, Entreculturas, Educo e Taller de Solidariedade no eido da EpD e a Cidadanía Global, queren afrontar a actual situación de vulneración do dereito á educación que fundamenta a Axenda de Educación 2030 e o ODS 4.
No próximo curso escolar 2019 – 2020 a CME pretende promover e reivindicar o dereito á educación a través da esixencia aos gobernos e á comunidade internacional da realización efectiva do dereito humano a unha educación para todas as persoas no marco da Axenda de Educación 2030 e do Obxectivo de Desenvolvemento Sostible (ODS) 4: “Educación de calidade”.
A CME en xeral e este proxecto en particular, pretende promover e defender o dereito á educación a través do fortalecemento da capacidade colectiva para influír nos gobernos e do fortalecemento do movemento da sociedade civil global polo dereito á educación. Deste xeito, a súa finalidade última é contribuír ao cumprimento íntegro dos compromisos internacionais asinados polos gobernos para garantir o acceso a unha educación gratuíta, equitativa, de calidade para todas as persoas do mundo, me diante a toma dunha maior concienciación sobre o dereito á educación, o exercicio dunha cidadanía activa a través das actividades de mobilización, e un sentimento de realización persoal derivado do feito de actuar solidariamente e exercer a empatía coas persoas privadas do dereito á educación
Para tal fin o equipo territorial da CME en Galicia levará a cabo una intervención coordinada entre as ONGD que integran este proxecto co obxectivo de contribuír ao cumprimento íntegro dos compromisos internacionais asumidos polos gobernos mediante a aprobación da Axenda 2030 das Nacións Unidas e, en concreto, a través do cumprimento efectivo do ODS 4: “Garantir unha educación inclusiva, equitativa e de calidade, e promover oportunidades de aprendizaxe ao longo da vida para todos e todas”.
As catro ONGD integrantes despregarán un conxunto de accións de formación, sensibilización, mobilización social e incidencia política para chegar co conxunto de sectores da comunidade educativa (alumnado, profesorado e universidade), gobernantes e representantes políticos e sociedade civil a dous segmentos de poboación claves para a CME, a comunidade educativa galega e a sociedade civil galega.
Obxectivo xeral: Contribuír ao cumprimento íntegro dos compromisos internacionais asumidos polos gobernos mediante a aprobación da Axenda 2030 das Nacións Unidas e, en concreto, a través do cumprimento efectivo do ODS 4: “Garantir unha educación inclusiva, equitativa e de calidade, e promover oportunidades de aprendizaxe ao longo da vida para todos e todas”.
Obxectivo específico: A comunidade educativa galega incrementa o seu compromiso, participación social e apoderamento na demanda de respostas sociais, educativas e políticas para a apropiación do dereito humano á educación, o ODS 4 e da Axenda 2030 das Nacións Unidas por parte das persoas gobernantes e representantes políticos a nivel local e autonómico.
RE 1.1: Profesorado e alumnado de centros educativos galegos de secundaria apodéranse para o exercicio da súa competencia cidadá global e do seu dereito á participación social e política na reivindicación do dereito humano á educación e do cumprimento do ODS 4.
A 1.1.1Implementar a “Guía de formación de activistas xuvenís polo dereito á educación” con profesorado e alumnado de 2 centros educativos galegos de secundaria.
A 1.1.2 Realizar un estudo de liña de base co alumnado e profesorado participante na implementación da “Guía de formación de activistas xuvenís polo dereito á educación”.
A 1.1.3 Deseñar, organizar e celebrar 3 obradoiros de capacitación en oratoria, deseño de campañas multimedia e novas narrativas dixitais, e expresión artística para o cambio social co alumnado e profesorado participante na implementación da “Guía de formación de activistas xuvenís polo dereito á educación”.
RE 1.2: comunidade educativa galega accede a espazos e recursos educativos, formativos e de sensibilización sobre o dereito humano á educación e o ODS 4.
A 1.2.1 Difundir os materiais educativos e de sensibilización da Campaña Mundial pola Educación en 20 centros educativos galegos.
A 1.2.2 Deseñar, organizar e impartir 10 obradoiros de sensibilización e formación sobre o dereito humano á educación e o ODS 4 en 5 centros educativos galegos.
A 1.2.3 Deseñar, organizar e celebrar 4 xornadas/seminarios de formación sobre o dereito humano á educación, o ODS 4 e educación transformadora nas Universidades integradas no Sistema Universitario Galego.
RE 1.3: A comunidade educativa galega mobilízase e realiza incidencia política a prol do dereito humano á educación e o ODS 4 perante persoas gobernantes e representantes políticos locais e/ou autonómicos.
A 1.3.1 Deseñar, organizar e celebrar 1 acto central autonómico de incidencia política da Semana de Acción Mundial pola Educación (SAME) con participación de persoas gobernantes e representantes políticos.
A 1.3.2 Deseñar, organizar e celebrar 2 actos locais de incidencia política da Semana de Acción Mundial pola Educación (SAME) con participación de persoas gobernantes e representantes políticos.
A 1.3.3 Organizar e facilitar a asistencia e participación de alumnado e profesorado galego nun acto da Campaña Mundial pola Educación a nivel estatal e/ou internacional.
RE 1.4: A cidadanía galega accede a información de calidade e sensibilízase sobre o ODS 4, o dereito humano á educación e os logros colectivos da Campaña Mundial pola Educación en Galicia.
A 1.4.1 Deseñar e executar a estratexia de comunicación pública da Campaña Mundial pola Educación en Galicia.
A 1.4.2 Deseñar, realizar e difundir a avaliación final externa participativa de impacto sobre o proceso de implementación da “Guía de formación de activistas xuvenís polo dereito á educación”
Directa: A estimación total de participantes directos que se corresponden cos resultados 1, 2 e 3 deste proxecto abrangue 1.518 persoas (769, mulleres, 52%; e 744 homes, 48%). As persoas participantes no proxecto serán 36 docentes de primaria e secundaria, 8 docentes universitarios, 1.248 estudantes de primaria e secundaria e 200 estudantes universitarios. Ademais, a difusión pública das actividades do proxecto chegará a 10.000 persoas.
Indirecta: Considéranse como participantes indirectos as comunidades educativas dos 20 centros educativos onde se levará a cabo a CME 2020 dunha forma máis activa, así como das Universidades.
Axuda Xunta de Galicia: 45.000 € (2019:18.000 €; 2020: 27.000 €)