Campaña Mundial pola Educación 2021 en Galicia
O equipo territorial da Campaña Mundial pola Educación (CME) está integrado actualmente por EDUCO, Axuda en Acción, Entreculturas, Taller de Solidaridad e a Universidade de Santiago de Compostela. Lidera e dinamiza en Galicia as actividades de sensibilización, concienciación, formación, mobilización social e incidencia política. A devandita campaña promove e reivindica o dereito á educación a través da esixencia aos gobernos e á comunidade internacional da realización efectiva do dereito humano a unha educación para todas as persoas no marco da Axenda de Educación 2030 e do Obxectivo de Desenvolvemento Sostible (ODS) 4: “Educación de calidade”.
As actividades do proxecto desenvolveranse entre setembro de 2020 e setembro de 2021, concentrándose as actividades no curso académico 2020/2021 xa que o proxecto prevé actividades de sensibilización e de formación e mobilización no eido educativo formal de primaria, secundaria e universitario.
As persoas participantes no proxecto serán 36 docentes de primaria e secundaria, 8 docentes universitarios, 1.248 estudantes de primaria e secundaria e 200 estudantes universitarios. Ademais, a difusión pública das actividades do proxecto chegará a 10.000 persoas. Para as actividades en centros educativos de primaria e secundaria cóntase con 34 centros educativos que teñen participado con anterioridade na CME. A capacidade de multiplicación e réplica do proxecto queda garantida pola natureza do público obxectivo e pola continuidade da CME en Galicia no horizonte do 2030.
Xeral: Contribuír ao cumprimento dos compromisos internacionais asumidos polos gobernos mediante a aprobación da Axenda 2030 das Nacións Unidas e, en concreto, a través do cumprimento efectivo do ODS 4: Garantir unha educación inclusiva, equitativa e de calidade, e promover oportunidades de aprendizaxe ao longo da vida para todos e todas.
Específico: A comunidade educativa galega incrementa o seu compromiso, participación social e apoderamento na demanda de respostas sociais, educativas e políticas para a apropiación do dereito humano á educación, o ODS 4 e da Axenda 2030 das Nacións Unidas por parte das persoas gobernantes e representantes políticos a nivel local e autonómico.
RE 1.1: A comunidade educativa galega accede a espazos e recursos educativos, formativos e de sensibilización sobre o dereito humano á educación e o ODS 4.
A.1.1.1 Difundir os materiais educativos e de sensibilización da CME en 20 centros educativos.
A 1.1.2 Deseñar, organizar e impartir 5 obradoiros en ciberactivismo en centros de secundaria galegos.
A 1.1.3 Deseñar, organizar e celebrar 3 xornadas formativas sobre o dereito humano á educación, o ODS 4 e a educación transformadora no ámbito universitario.
R 1.2: A comunidade educativa galega mobilízase e realiza incidencia política a prol do dereito humano á educación e o ODS 4 perante persoas gobernantes e representantes políticos locais e/ou autonómicos.
A 1.2.1 Elaborar propostas e recomendacións políticas para a contribución ao cumprimento da Axenda 2030 e o ODS 4 coa participación protagonista do alumnado.
A 1.2.2 Deseñar, organizar e celebrar 1 acto central de incidencia política no marco da Semana de Acción Mundial pola Educación (SAME) con gobernantes e representantes políticos do nivel autonómico.
R 1.3: A cidadanía galega accede a información de calidade e sensibilízase sobre o ODS 4, o dereito humano á educación e os logros colectivos da Campaña Mundial pola Educación en Galicia.
A 1.3.1 Deseñar, lanzar e socializar accións de mobilización dixital para o incremento da financiación da educación no marco da Semana de Acción Mundial pola Educación (SAME).
A 1.3.2 Deseñar e executar a estratexia de comunicación para a Campaña Mundial pola Educación.
A 1.3.3 Deseñar, realizar e difundir a avaliación final externa.
R 1.4: A CME promove investigacións de calidade no marco da sistematización de metodoloxías de educación transformadora e fortalece as súas redes e alianzas polo ODS 4 e o dereito humano á educación.
A 1.4.1 Revisar, actualizar, sistematizar e difundir o documento de “A Guía de formación de activistas polo dereito á educación” en base aos aprendizaxes da fase piloto.
A 1.4.2 Deseñar, organizar e celebrar 1 Encontro de BBPP das CME autonómicas da Campaña Mundial pola Educación sobre prácticas educativas, de mobilización, activismo social e alternativo no contexto Covid-19.
Directa: 1.518 persoas (769 mulleres e 749 homes), entre a comunidade educativa (profesorado e estudantes), gobernantes e persoas responsables da política pública de cooperación para o desenvolvemento en Galicia e cidadanía xeral.
Indirecta: 6.480 persoas en calidade de lectores, oíntes e telespectadores das novas que se recollan nos medios de comunicación e nas redes sociais vinculados a esta Campaña Mundial pola Educación no curso 2020-2021.
Axuda Xunta de Galicia: 44.905,00 € (2020: 17.962,00 €; 2021: 26.943,00 €)