Proxectos

Campaña Mundial pola Educación 2024.

A sensibilización, concienciación, formación, mobilización social e incidencia política son os eidos principais nos que se enmarcan as actividades do proxecto Campaña Mundial pola Educación (CME) en Galicia. A CME ten como principal obxectivo reivindicar o cumprimento do dereito á educación así como velar que os Estados leven a cabo os compromisos adquiridos polos seus gobernos e pola comunidade internacional en materia educativa, e promover así a consecución do ODS 4. En Galicia establécese como punto de partida que a comunidade educativa e a cidadanía galega incrementen o seu compromiso e participación social na demanda de respostas sociais, educativas e políticas para a apropiación do dereito humano á educación, o ODS 4 e da Axenda 2030 por parte dos gobernantes e representantes políticos a nivel local e autonómico. En Galicia, o proxecto para o ano 2024 será desenvolto pola coalición galega da CME, formada polas entidades Educo, Entreculturas, Taller de Solidariedade e a Universidade de Santiago de Compostela.

Ano: 
2023
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Educación para o desenvolvemento
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
ENTRECULTURAS FE E ALEGRÍA (FUNDACIÓN)
FUNDACIÓN EDUCACIÓN E COOPERACIÓN - EDUCO
TALLER DE SOLIDARIEDADE (FUNDACIÓN)
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Xeral: Contribuír ao fomento dunha cidadanía activa e crítica entre as comunidades educativas e a sociedade galega en xeral, que reivindique o cumprimento dos compromisos internacionais asumidos polo gobernos mediante a aprobación da Axenda 2030, en concreto, a través do cumprimento efectivo do ODS 4 “Garantir unha educación inclusiva, equitativa e de calidade, e promover oportunidades de aprendizaxe ao longo da vida para todos e todas.

Específico: Aumentar os coñecementos, a conciencia crítica e a acción transformadora da comunidade educativa galega e da sociedade en xeral a través de accións de sensibilización, mobilización e incidencia política, coa mellora do seu compromiso, participación social e apoderamento na demanda de respostas sociais, educativas e políticas no marco do dereito humano á educación, o ODS 4 e da Axenda 2030 por parte das persoas gobernantes e representantes políticos a nivel local e autonómico.

Resultados e actividades: 

RE 1.1 A comunidade educativa galega accede a espazos e recursos educativos, formativos e de sensibilización sobre o dereito humano á educación e o ODS 4.

A.1.1.1 Deseñar alo menos dous manuais, adaptados aos diferentes niveis educativos, con materiais didácticos e de sensibilización para a realización de obradoiros Semana de Acción Mundial pola Educación (SAME), en centros de educación formal e non formal, galegos.

A.1.1.2 Difundir os materiais didácticos e de sensibilización en 20 espazos educativos de Educación formal e non formal galegos.

A.1.1.3  Deseñar, organizar e celebrar 5 obradoiros formativos e de sensibilización sobre a defensa do dereito á educación e o ODS 4 en espazos educativos, formais e non formais, galegos baseados nos materiais didácticos e de sensibilización deseñados para a SAME 2024.

A.1.1.4 Deseñar, organizar e celebrar 3 xornadas formativas e de sensibilización en torno ao cumprimento do dereito humano á educación, a educación transformadora no marco da Axenda 2030 e a Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global nas Universidades Galegas.

A.1.1.5 Deseñar e por en marcha un proxecto de Innovación en Aprendizaxe e Servizo vinculado ao dereito á educación dirixido a estudantes universitarios, a través de competencias para a cidadanía global.

A.1.1.6 Deseñar e levar a cabo accións formativas dirixidas ao alumnado de ensino secundario baseadas na Guía de formación motivando a súa sensibilización, incidencia e mobilización social en favor do ODS 4 e o dereito humano á educación.

RE 1.2 A comunidade educativa galega mobilízase e realiza incidencia política perante persoas gobernantes e representantes políticos locais e/ou autonómicos en prol do dereito humano á educación e o ODS 4.

A.1.2.1 Deseñar, organizar e celebrar un acto central de incidencia política no marco da Semana de Acción Mundial pola Educación (SAME) con gobernantes e representantes políticos do nivel autonómico.

A.1.2.2 Motivar tres espazos de encontro coas administracións públicas, locais e autonómicas, e os partidos políticos para reforzar o coñecemento da campaña mundial pola educación nos ámbitos de decisión.

A.1.2.3 Coordinar e motivar un espazo de diálogo e seguimento ás demandas do alumnado participante no acto central de incidencia (A1.R1.2) cos gobernantes e representantes políticos a nivel local ou autonómico.

RE 1.3  A cidadanía galega accede a información de calidade e sensibilízase sobre o ODS 4, o dereito humano á educación e os logros colectivos da Campaña Mundial pola Educación en Galicia.

A.1.3.1 Deseñar e executar a estratexia de comunicación para a Campaña Mundial pola Educación.

A.1.3.2  : Deseñar, realizar e difundir a avaliación final externa.

RE 1.4 A CME promove unha investigación participativa e proxectiva creando alianzas polo ODS4 e o dereito á Educación.

A.1.4.1  Investigación: o resultado educativo da CME (Fase II)

Poboación beneficiaria: 

Directa: 17 homes + 43 mulleres + 198 mozos + 302 mozas + 755 nenos + 545 nenas =   1.860 persoas

Indirecta: 980 homes + 1.400 mulleres + 800 mozos + 3.200 mozas + 4.500 nenos + 3.500 nenas = 14.380 persoas

Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 39.718,61€ (15.887,45€ en 2023 e 23.831,16€ en 2024)