Proxectos

CAMPAÑA MUNDIAL POLA EDUCACIÓN EN GALICIA

Promover a educación como un dereito humano básico e mobilizar á sociedade civil para que esixa aos gobernos e á comunidade internacional que cumpran as súas promesas de prover de educación básica libre, obrigatoria e pública a todo o mundo; en particular á infancia, ás mulleres, aos adultos e ás poboacións máis desfavorecidas.

Ano: 
2009
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Educación para o desenvolvemento
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
SEMINARIO GALEGO DE EDUCACIÓN PARA A PAZ
ENTRECULTURAS FE E ALEGRÍA (FUNDACIÓN)
AXUDA EN ACCIÓN (FUNDACIÓN)
INTERED GALICIA
EDUCACIÓN SEN FRONTEIRAS
JÓVENES Y DESARROLLO (ANTES JÓVENES DEL TERCER MUNDO)
INTERMÓN OXFAM (FUNDACIÓN)
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Informar e sensibilizar ao mundo educativo e político sobre os Obxectivos de Dakar (e os compromisos firmados) e a importancia da educación para todas e todos.

Resultados e actividades: 

- Asistencia e participación activa no seminario de formación nacional de todo o equipo técnico da CME España en xaneiro de 2009
- Reunións de coordinación para a organización, seguimento e avaliación da CME Galicia
- O alumnado e o profesorado dos centros escolares de Galicia levan a cabo a implementación nas escolas dos materiais didácticos da CME
- O alumnado e o profesorado dos centros escolares de Galicia levan a cabo a celebración da Semana de Acción Mundial pola Educación en actos centrais realizados nas catro provincias galegas
- Dez centros educativos e/ou culturais acollen a exposición “A Campaña Mundial pola Educación en Galicia" antes de finais de decembro de 2009
- Reunións de traballo e información cos responsables políticos de cooperación exterior, educación, e responsables políticos locais antes de marzo de 2009 para ser informados dos obxectivos xerais da CME e dos actos previstos para a Semana de Acción Mundial pola Educación
- Actos de adhesión dos responsables políticos locais e autonómicos dentro dos actos centrais da Semana de Acción Mundial pola Educación

Poboación beneficiaria: 

Este proxecto de sensibilización vai destinado ao público en xeral, fixando como segmentos prioritarios a comunidade educativa (educación formal e non formal), as institucións públicas galegas e os medios de comunicación

Axudas: 

13913