CAMPAÑA MUNDIAL POLA EDUCACIÓN GALICIA 2010-2011
A campaña traballa para lograr os ODM de educación en 2015. Parte de dúas liñas: actuación cos centros educativos e mobilización e incidencia, para facer unha proposta de acción baseada en:
- Achegar a Campaña Mundial pola Educación a cantos máis centros educativos posible.
- Dar apoio aos centros educativos no seu traballo na campaña.
- Facer un seguimento e incidencia nas políticas de cooperación dos axentes de cooperación galegas.
- Traballo cos medios de comunicación para facer chegar os obxectivos de Educación para Todos e Todas a toda a cidadanía galega.
- Formación dos axentes educativos nos aspectos da campaña.
- Realización da Semana de Acción Mundial pola Educación en diferentes cidades.
Período de execución: marzo 2010 – novembro 2011
Promover a educación como un dereito humano básico e mobilizar a sociedade civil galega para que esixa aos gobernos e á comunidade internacional que cumpran os compromisos de Educación para Todos e Todas: prover de educación básica libre, obrigatoria e pública a todo o mundo; en particular á infancia, ás mulleres, aos adultos e ás poboacións máis desfavorecidas
- Elaboración e difusión material da Semana de Acción Mundial pola Educación e participación no Foro Mundial pola Educación 2010 en Santiago de Compostela.
- Participación activa nos seminarios de formación nacional e galego do equipo técnico da campaña en 2010 e 2011.
- Seminario de formación para profesionais, voluntarios/as e docentes.
- Distribución de materiais en centros escolares galegos dos materiais elaborados e celebración da Semana de Acción Mundial pola Educación.
- Exposición A Campaña Mundial pola Educación en Galicia en 30 centros educativos e/ou culturais.
- Coordinación cos responsables políticos como estratexia de información sobre obxectivos e actos previstos para a Semana de Acción Mundial pola Educación.
- Comunidade educativa: centros escolares galegos (preferentemente de ámbito rural) e universidade (facultades de Educación das 3 universidades galegas).
- Institucións públicas galegas, preferentemente axentes educativos e de cooperación.
- Medios de comunicación.
- ONGD membros da coalición.
42.508,68€ (2010: 17.003,47€ - 2011: 25.505,21€)