Proxectos

CAMPAÑA PARA O FOMENTO DA INTERCULTURALIDADE

Fomentar a interculturalidade

Ano: 
2008
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Educación para o desenvolvemento
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
SOLIDARIEDADE INTERNACIONAL GALICIA
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Fomentar a interculturalidade, dando a coñecer aspectos doutras culturas dunha forma lúdica.Desenvolver unha campaña educativa en 15 centros educativos galegos, ludotecas, casas de cultura... priorizando as zoas rurais e semirurais sobre aspectos da cultura indíxena da rexión andina.Formación  e información ao profesorado, educadoras e educadores, en aspectos da cultura, e problemática indíxena da rexión andina.

Resultados e actividades: 

-Realizarase un curso de formación para o monitoraxe participante campaña, e polo menos tres reunións que distribuirán no tempo de duración da campaña, para: formación inicial, seguimento e avaliació

Poboación beneficiaria: 

O público obxectivo ó que nos dirixiremos con esta iniciativa serán os mozas e mozos de 8 a 16 anos dos centros de ensinanza de Galicia, así como o persoal docente como multiplicadores e transmisores das mensaxes e contidos da campaña. Tamén implica as familias das nenas e nenos presentes no proxecto.Prestarase especial atención á realización de actividades con nenas e nenos de zonas rurais de Galicia, considerando que este tipo de poboación e a máis carente desta información a cal se encontra case sempre centralizada nas cidades.Realizaranse nun total 30 visitas a centros de educación, contando realizar catro obradoiros por centro, e 30 beneficiarias e beneficiarios por obradoiro, resultarían un total de 3600 alumnas e alumnos os que gozarían directamente dos resultados.

Axudas: 

15237