Proxectos

CASA COMUNAL “NUEVO AMANECER"

Contribuír ao fortalecemento da organización comunitaria da comunidade de Nuevo Amanecer a través da construción dunha casa comunal onde poder xuntarse, organizarse, desenrolar actividades socioculturais e implementar un programa educativo integral que permita paliar as necesidades socio-educativas máis urxentes da comunidade.

Ano: 
2008
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Microproxectos
Rexión: 
Centroamérica e Caribe
País: 
NICARAGUA
Zona de actuación: 
Granada (departamento)
Axentes: 
AXUNICA (AXUDA A NICARAGUA)
Contraparte: 

FUNDAVI ( FUNDACIÓN APOSTAMOS POR LA VIDA)

Código CRS: 
15150 - Fortalecemento sociedade civil
Obxectivos: 

Fortalecemento e consolidación da organización comunitaria. Construción dunha casa comunal para ter un lugar de reunión comunitario e un centro para a realización de diferentes actividades.

Resultados e actividades: 

1. Construción da casa comunal Nuevo Amanecer
2. Equipamento da casa comunal
3. Realización de cursos e talleres educativos e culturais

Poboación beneficiaria: 

Poboación beneficiaria directa: As 49 familias da comunidade (media de 4,8 membros cada unha). Das 213 persoas, hai 116 nenos menores de 17 anos. A persoa maior de idade conta con 72 anos. Dos 116 menores, 98 atópanse en idade escolar.

Axudas: 

18.033,00 Euros- Orzamento total do proxecto: 28.040,00 Euros