Proxectos

CENTRO DE RECURSOS KANDAHARIA. ASOCIACIÓN DE COOPERACIÓN E DESENVOLVEMENTO “A COVA DA TERRA” CON BICIS POLA PAZ E AXUNICA

OBXECTIVOS

- Consolidación e fortalecemento da actividade de cooperación e sensibilización das ONG's participantes no consorcio a través do Centro de Recursos “Kandaharia”
- Apoiar a xestión das ONG's que forman o consorcio peticionario da axuda
- Apoiar a formación dos/as traballadores/as  e voluntarios/as vinculadas que forman o consorcio peticionario de axuda nos temas que necesiten, tanto de xestión como  de coñecementos nos temas que traballan e ofertan esta formación a tódalas persoas interesadas, apoiando así o tecido de entidades galegas de cooperación e sensibilización

ACCIÓNS

 - Manter e xestionar un Centro de Recursos aberto ao público e ás asociacións que o precisen, nomeadamente as que forman o consorcio receptor da axuda
- Reformar a páxina web da Cova da Terra, por ser a sede do Centro de Recursos, para dar cabida a toda a información relacionada co mesmo
- Apoiarase a xestión das tres ONGs integrantes do consorcio
- Realizaranse actividades de formación, tanto para o persoal das entidades como para a formación do voluntariado, aberto a todos os interesados.

 

Ano: 
2006
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Consolidación e fortalecemento de ONGD
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
A COVA DA TERRA
Axudas: 

37.000 euros