CENTRO DE RECURSOS KANDAHARIA: A EDUCACIÓN E O TRABALLO EN REDE COMO BASE DUNHA NOVA SOCIEDADE
Aumentar o coñecemento e afondar na sensibilización da cidadanía galega con respecto á importancia dun consumo consciente e responsable e as súas implicacións na situación dos países empobrecidos e no medio ambiente, e nomeadamente achegar estas inquedanzas á poboación máis nova
Consolidar a oferta de formación e sensibilización para o sector máis novo da poboación a través do programa educativo sobre consumo responsable e comercio xusto, nomeadamente nos centros do rural.
Asegurar un apoio para xestión e dinamización das ONG do consorcio e o seu traballo en rede.
Formación de socios, voluntarios, e mellora do achegamento aos mesmos a través das TIC
- Contratación dun técnico encargado do Programa educativo.
- Contratación dun técnico para xestión e dinamización.
- Accións formativas para o persoal técnico.
- Asistencia a reunións, consolidación de redes, etc.
- Proxeccións - debate “As cinemas de Kandaharia".
- II Curso de cociña vexetariana e alimentación natural.
- Charlas e obradoiros de formación para socios e voluntarios.
- Actualización páxina web.
32000