Proxectos

CibeRespect II

CibeRespect (Fase II) é un proxecto colaborativo insertado nunha estratexia de comunicación e incidencia que busca a transformación narrativa da sociedade, activando os marcos mentais da solidariedade, a tolerancia e a cooperación latentes nas persoas. Para isto, aposta pola creación de redes de apoio, o seguimento e análise do discurso do odio contra as persoas migrantes e as minorías étnicas na Internet, a xeración de coñecementos, a promoción dunha cidadanía crítica e global e o ciberactivismo como estratexia integral para combater as actitudes xenófobas que campan ás súas anchas nos medios dixitais e favorecen un clima de xenreira, confrontación, desigualdade e mesmo agresións ás persoas estranxeiras. Para isto, fortalece ás persoas novas e migrantes na toma de protagonismo a través de accións en positivo que frean o impacto do hate speech e alimentan unha paisaxe dixital de respecto, convivencia e cohesión social que reverbera na paisaxe dos nosos barrios.

CibeRespect afonda na construción da propia responsabilidade das persoas consumidoras de información a través de Internet. CibeRespect Fase II reúne, forma, habilita, equipa e activa ás persoas, con vocación de sumar forzas e axentes sociais. Propón como resposta innovadora para enfrontar o fenómeno emerxente do ciberodio o traballo colaborativo entre a comunidade asociativa e a comunidade internauta na identificación, o desenvolvemento e o estímulo de estratexias efectivas de contra discurso. 

-INVESTIGAMOS o odio online e a súa relación coas fake news a través dun Observatorio cuxos datos basean a acción.

-CREAMOS ferramentas, materiais formativos e unha nova narrativa baseada nos DDHH, que se anticipe e rebata o odio racista.

-CAPACITAMOS: á sociedade, e moi especialmente a persoas migrantes ou racializadas, novas e comunicadores, para actuar colectivamente pola convivencia intercultural.

-ACTUAMOS: en rede e na rede, pola sensibilización da sociedade. a través da cohesión dun grupo motor de ciberactivistas que comparten coñecementos, materiais e actúan coordinadamente para sumar impacto ás mensaxes e campañas.

Ano: 
2018
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Educación para o desenvolvemento
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
ECOS DO SUR
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Obxectivo xeral: Reducidos os delitos de odio e violencia discursiva por razóns xenófobas e discriminatorias contra as persoas estranxeiras ou racializadas.

Obxectivo específico: Reducida a presenza de narrativas de discriminación racista: discurso de odio, prexuízos e bulos en medios dixitais de masas, redes sociais e na sociedade en xeral.

Resultados e actividades: 

Resultado 1: Elaboradas ferramentas e materiais, de análise e intervención para contrarrestar o discurso.  

ACT 1.1.1: Consolidación dun Observatorio de cibernarrativas e fakes de odio ás persoas migrantes e/ou racializadas en Internet.

ACT 1.1.2: Elaboración de materiais de formación e sensibilización no discurso do odio.

Resultado 2: Elevado grao de capacitación das persoas en pensamento crítico e intervención sobre as expresións de odio na internet  

ACT 1.2.1: Elaboración e posta en marcha de microformacións itinerantes de sensibilización no discurso do odio.

ACT 1.2.2 : Capacitación e activación de axentes de cambio: Sesións formativas + encontros con expertos

Resultado 3: Xerados de espazos de concienciación e participación que aborden as causas e consecuencias das condutas xenófobas.  

ACT 1.3.1: Creación de espazos participativos de diálogo e acción de ciberactivistas en torno a problemáticas do discurso do odio. (Rede de ciberactivistas).

ACT 1.3.2: Intervencións de ciberactivismo contra o Hate Speech.

ACT 1.3.3: Primeiro Concurso de clips contra o Hate Speech racista FestiRespect, I Mostra de clips contra o Hate Speech racista.

ACT 1.3.4: Campaña de Impacto e difusión ON LINE (sensibilización)

Poboación beneficiaria: 

Directa: As persoas beneficiarias directas serán 1031, das cales 496 son mulleres e nenas. Participarán: mocidade (a través de distintas microformacións, capacitacións, actividades de ciberactivismo, voluntariado, etc); profesorado dos centros educativos; axentes sociais; comunicadores; persoas migrantes e racializadas, e persoal da administración pública.

Indirecta:

1.- Enténdese que toda a poboación de orixe estranxeiro residente en Galicia é susceptible de ser obxecto destes ataques e discursos do odio nas rede, polo que considéranse persoas beneficiarias a poboación estranxeira residente en Galicia, segundo o IGE a data de decembro de 2016 a poboación estranxeira empadroada é de 87.966 persoas das cales 50.6% son mulleres ascendendo a un total de 44513.

2.- Das accións formativas determínase que por cada participante o proxecto incidirá en polo menos 3 familiares, ascendendo así a 1.035 persoas.

3.- En relación coas accións de intervención en ciberactivismo nas redes sociais, a campaña permanente e os eventos de sensibilización online y FestiRespect, calculamos que en total poden impactar en 700.000 persoas. Considerando sensibilizada a unha de cada cen persoas impactadas, calculamos un total de 7.000 beneficiarios/as indirectos/as, cunha distribución por xénero segundo a taxa galega (1,6% máis de mulleres por cada home): 3.444 homes e 3.556 mulleres.

 

Avaliación: 
prevista
Axudas: 

Axuda da Xunta de Galicia 34.950,56 €: 13.980,22€ (2018) e 20.970,34€ (2019)