CICLÓN NARGIS
O 5 de maio desatouse en Myanmar un ciclón, coñecido co nome de Nargis, causando (segundo fonte oficiais) 22.500 persoas falecidas e máis de 41.000 desaparecidas, pero segundo o Consello de Seguridade da ONU a cifra de mortes elévase ata 10.000. Na zona afectada residen entre 23 e 24 millóns de persoas. Unha vez que o goberno birmano e as axencias internacionais efectuaran o chamamento oficial e se coñeceu o listado de necesidades, a AECID (Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento), convocou unha xuntanza de coordinación ao obxecto de intercambiar información e analizar conxuntamente a resposta española. Finalmente, dende a AECID, envíase un cargamento con axuda de emerxencia consistente en 13 toneladas de material de primeira necesidade: auga e saneamento, saúde e cobizo. A Fundación Axencia Humanitaria de Galicia contribuíu a dito envío con material sanitario, sendo a única Comunidade Autónoma que freta axuda no primeiro avión que sae cara Bangkok. Unha vez alí, a carga púxose a disposición do corredor humanitario despregado por Nacións Unidas, que coordinan o esforzo humanitario internacional para asistir ás vítimas de Birmania. O kit IEHK2006 enviado pola FAHG está preparado para atender a 10.000 persoas durante 3 meses, e trátase de un botiquín completo con un peso de 820 quilos distribuídos en 27 paquetes, 10 dos cales son kits básicos e o resto material desbotable, solucións parenterais e equipamento médico.
AECID.
Colaborar a cubrir as primeiras necesidades hixiénico-sanitarias tralo paso do ciclón Nargis
7543,1