Proxectos

Cidadanía global e Dereitos Humanos: participación para o cambio social por parte da mocidade e do profesorado da Rede Solidaria da Mocidade no curso 2012-2013

Con este proxecto, Entreculturas quere dar continuidade ao seu apoio e acompañamento á comunidade educativa galega no labor de promover unha cidadanía global e unha cultura da solidariedade que permita a transformación das realidades de inxustiza e exclusión a nivel global e local. Este apoio realízase a partir das liñas de acción establecidas na área de educación para o desenvolvemento da entidade dos últimos anos, integradas, ademais, na proposta de Redes Solidarias Educativas de Entreculturas.

A ferramenta fundamental para lograr os obxectivos que perseguen estas liñas de acción é o programa de participación xuvenil e educación para a cidadanía global Rede Solidaria da Mocidade desenvolvido en Galicia desde setembro do 2004 co apoio económico da Xunta de Galicia e da AECID. Dita rede está constituída por grupos solidarios de centros educativos integrados por mozos e mozas de entre 14 e 18 anos acompañados de docentes. Este programa ten xerado un espazo de encontro, formación, sensibilización, mobilización social e participación para o profesorado e a mocidade galega, de xeito que os rapaces e as rapazas se converten en axentes de sensibilización e transformación dos seus centros educativos, en particular, e da sociedade galega, en xeral. Nos oito anos de vida do proxecto en Galicia, teñen participado 40 centros educativos, 50 profesores e máis de 2.500 estudantes, realizando nos seus centros educativos máis de 500 accións solidarias.

Ano: 
2012
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Educación para o desenvolvemento
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
ENTRECULTURAS FE E ALEGRÍA (FUNDACIÓN)
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Obxectivo Xeral: Fomentada a comprensión e o exercicio dunha cidadanía global comprometida coa xustiza e a solidariedade, coa erradicación da pobreza, a promoción do desenvolvemento humano e sostible e o exercicio pleno dos dereitos entre a mocidade e o profesorado de Galicia.
Obxectivo Específico: Mellorada a calidade dos procesos de participación entre a mocidade e o profesorado da Rede Solidaria da Mocidade desde a perspectiva da dignidade e os dereitos humanos durante o curso 2012-2013.

Resultados e actividades: 

Resultado 1.1. Facilitados espazos de calidade para o desenvolvemento de habilidades para a participación no marco da competencia social e cidadá aos mozos, mozas e docentes da rede Solidaria da Mocidade.
Actividades:
A.1.1.1.: Deseñar, planificar e celebrar o XIV Encontro en Rede.
A.1.1.2.: Deseñar, planificar e celebrar o XV Encontro en Rede.
A.1.1.3.: Promover, acompañar e coordinar 16 grupos solidarios nos centros educativos.
A.1.1.4.: Deseñar, organizar e promover experiencias de participación e en rede Norte-Sur entre o profesorado e o alumnado da Rede Solidaria da Mocidade e de grupos de liderado xuvenil de América Latina.
Resultado 1.2. Facilitados recursos e ferramentas educativas para o desenvolvemento de habilidades para a participación no marco da competencia social e cidadá aos mozos, mozas e docentes da Rede Solidaria da Mocidade.
Actividades:
A.1.2.1.: Difundir e promover a participación de mozos, mozas e docentes na plataforma virtual educativa REDEC.
A.1.2.2.: Deseñar, elaborar e realizar seis obradoiros de formación sobre participación cidadá e liderado xuvenil para mozos e mozas.
A.1.2.3.: Deseñar, elaborar e realizar un obradoiro de formación en participación cidadá e liderado xuvenil para docentes.
A.1.2.4.: Deseñar e planificar o plan de traballo e celebrar dúas xuntanzas do grupo de traballo en educación para o desenvolvemento e a cidadanía global para docentes.
A.1.2.5.: Deseñar, planificar e executar as axendas solidarias de 16 centros educativos da Rede Solidaria da Mocidade (experiencias de participación e cidadanía global).
A.1.2.6.: Coordinar, asesorar, dinamizar e apoiar tecnicamente aos grupos de mozos, mozas e profesorado da Rede Solidaria da Mocidade.

Poboación beneficiaria: 

Directa: 30 docentes e 300 mozos e mozas de entre 14 e 18 anos de 16 centros educativos galegos.

Axudas: 

25.000,00 (2012: 8.750,00; 2013: 16.250,00)