Proxectos

CIDADANÍA GLOBAL E EQUIDADE DE XÉNERO: DA REFLEXIÓN Á ACCIÓN DA MOCIDADE E DO PROFESORADO DA REDE SOLIDARIA DA MOCIDADE NO CURSO 2010-2011

Este proxecto, desenvolvido en Galicia desde 2004, enmárcase dentro da Campaña Cidade-Planeta, centrada tematicamente no curso 2010-2011 na equidade de xénero, que se integra dentro da proposta de “Redes Solidarias Educativas" de Entreculturas. A intervención pretende, desde unha perspectiva de cidadanía global, promover entre a mocidade e o profesorado galegos a conexión entre o global e o local mediante a insistencia en relación ao xénero tanto desde un punto de vista relacionado coa loita contra a pobreza, como en conexión ás cuestións da convivencia escolar e á transformación da sociedade galega.
Con respecto a cursos anteriores, as principais novidades deste proxecto radican na incorporación de profesorado de ensino primario e de centros educativos de secundaria non participantes na Rede Solidaria da Mocidade ao grupo de traballo de profesorado en educación para o desenvolvemento e a cidadanía global, e mais na integración de experiencias en rede Norte-Sur.
Período de execución: setembro 2010 – xuño 2011

Ano: 
2010
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Educación para o desenvolvemento
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
ENTRECULTURAS FE E ALEGRÍA (FUNDACIÓN)
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Fomentar a comprensión e o exercicio dunha cidadanía global comprometida coa xustiza e a solidariedade, coa erradicación da pobreza, a promoción do desenvolvemento humano e sustentable e o exercicio pleno dos dereitos entre a mocidade e o profesorado de Galicia

Resultados e actividades: 

- 2 encontros en rede dos centros educativos participantes na Rede Solidaria da Mocidade.
- 8 obradoiros de sensibilización en equidade de xénero para o alumnado.
- 2 obradoiros de formación en xénero para o profesorado.
- Reunións do Grupo de Traballo en Educación para o Desenvolvemento e o profesorado.
- Rede social de intercambio de experiencias solidarias e traballo en rede (REDEC).
- Encontros Norte-Sur.
- Servizo de asesoramento técnico e de acompañamento e atención personalizada aos centros educativos.

Poboación beneficiaria: 

Profesores e alumnado da Rede Solidaria da Mocidade, espallada por toda a xeografía galega

Axudas: 

24.470€ (2010: 9.788€ - 2011: 14.682€)