Proxectos

CIDADANÍA GLOBAL E INTERCULTURALIDADE: DA REFLEXIÓN Á ACCIÓN DA MOCIDADE E DO PROFESORADO DA REDE SOLIDARIA DA MOCIDADE

Fomentar o desenvolvemento dunha cidadanía galega global, activa, comprometida, informada e crítica para a construción dunha sociedade máis xusta, solidaria e participativa

Ano: 
2009
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Educación para o desenvolvemento
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
ENTRECULTURAS FE E ALEGRÍA (FUNDACIÓN)
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Fomentar entre a sociedade e o voluntariado galego a comprensión e respecto á diversidade cultural e á interacción entre culturas para a transformación das situacións de inxustiza a nivel local e global desde unha perspectiva de cidadanía global

Resultados e actividades: 

- Deseñar, planificar e celebrar o V Encontro en Rede
- Deseñar, planificar e celebrar o VI Encontro en Rede
- Deseñar, planificar e asistir ao II Encontro Estatal de Redes Solidarias da Mocidade
- Difundir e promover a participación de mozos/as e educadores/as na plataforma educativa REDEC
- Deseñar, elaborar e realizar 4 obradoiros de formación para educadores/as
- Deseñar, elaborar e realizar 8 obradoiros de sensibilización para os mozos/as
- Deseñar e planificar o plan de traballo e celebrar 4 xuntanzas do grupo de traballo en educación para o desenvolvemento e a cidadanía global
- Difundir as exposicións “Angola: escolas que cambian o mundo", “Nicaragua: escolas que cambian o mundo"; “Achégate ao Sur"; “Rede Solidaria da Mocidade"
- Deseñar, planificar e executar as 40 actividades de sensibilización, incidencia e cidadanía global (experiencias de participación e cidadanía global) contidas nas 25 “Axendas solidarias"
- Coordinar, asesorar, dinamizar e apoiar tecnicamente aos grupos de mozos/as e os educadores/as
- Executar a estratexia de comunicación e difusión pública do proxecto  

Poboación beneficiaria: 

Beneficiarios directos:
Segundo a actividade concreta, benefícianse un número variable de alumnos/as e profesores/as de 15 a 25 centros educativos de ESO e Bacharelato: entre 30 e 6000 alumnos/as e de 15 a 400 profesores.
Beneficiarios indirectos:
Profesorado, alumnado e a totalidade da comunidade educativa dos centros participantes; en último termo, a sociedade galega.

Axudas: 

19800