Proxectos

Cidadanía global, educación e dereitos humanos: participación para o cambio social por parte da mocidade e do profesorado da Rede Solidaria da Mocidade no curso 2013-2014

Con este proxecto, Entreculturas dá continuidade ao seu apoio e acompañamento á comunidade educativa galega no labor de promover unha cidadanía global e unha cultura da solidariedade. En concreto, o obxectivo da proposta consistiu en fomentar, entre a mocidade e o profesorado de Galicia, a valoración positiva e o compromiso cidadán cara ao ben común e o desenvolvemento de actitudes, habilidades e experiencias de participación cidadá dende a perspectiva da educación e os dereitos humanos. Para abordar as cuestións relativas á participación cidadá, o proxecto leva aos centros educativos as temáticas da participación na escola, as escolas solidarias, os centros educativos democráticos e a promoción do voluntariado. Dende unha perspectiva histórica, nos oito anos de vida do proxecto en Galicia, teñen participado 40 centros educativos, 50 profesores e máis de 2.500 estudantes, realizando nos seus centros educativos máis de 500 accións solidarias.

 

Ano: 
2013
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Educación para o desenvolvemento
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
ENTRECULTURAS FE E ALEGRÍA (FUNDACIÓN)
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Obxectivo Xeral: Fomentada a comprensión e o exercicio dunha cidadanía global comprometida coa xustiza e a solidariedade, coa erradicación da pobreza, a promoción do desenvolvemento humano e sostible e o exercicio pleno dos dereitos entre a mocidade e o profesorado de Galicia.
Obxectivo Específico: Fortalecidos os procesos de participación e cidadanía activa dos mozos e mozas e do profesorado da Rede Solidaria da Mocidade dende a perspectiva da educación e os dereitos humanos durante o curso 2013-2014.
 

Resultados e actividades: 

Resultado 1.1: Facilitados espazos de encontro para o desenvolvemento de habilidades de participación no marco da competencia social e cidadá aos mozos, mozas e docentes da Rede Solidaria da Mocidade.
Actividades:
A.1.1.1: Deseñar, planificar e celebrar o XV Encontro en Rede.
A.1.1.2: Deseñar, planificar e asistir ao IV Encontro Global da Red Solidaria de
Jóvenes.
A.1.1.3: Deseñar, planificar e celebrar tres actividades en rede entre os grupos da Rede Solidaria da Mocidade.
A.1.1.4: Deseñar, organizar e promover experiencias de participación en rede
Norte-Sur entre o profesorado e o alumnado da Rede Solidaria da Mocidade e de grupos de liderado xuvenil de América Latina.
Resultado 1.2: Facilitados recursos e ferramentas educativas para o desenvolvemento de habilidades para a participación no marco da competencia social e cidadá aos mozos, mozas e docentes da Rede Solidaria da Mocidade.
Actividades:
A.1.2.1: Facilitar aos grupos da Rede Solidaria da Mocidade recursos e propostas educativas sobre educación e dereitos humanos.
A.1.2.2: Deseñar, elaborar e realizar seis obradoiros de formación sobre educación e dereitos humanos para mozos e mozas.
A.1.2.3: Deseñar, elaborar e realizar un obradoiro de formación sobre educación e dereitos humanos para docentes.
A.1.2.4: Deseñar, planificar e executar as axendas solidarias de 10 grupos solidarios da Rede Solidaria da Mocidade (experiencias de participación e cidadanía global).

Resultado 1.3: Mellorada a motivación e o intercambio de experiencias en chave de empoderamento entre o profesorado participante na Rede Solidaria da Mocidade.
Actividades:
A.1.3.1: Coordinar, asesorar, dinamizar e apoiar tecnicamente aos grupos de mozos, mozas e profesorado da Rede Solidaria da Mocidade.
A.1.3.2: Deseñar, planificar e celebrar dúas xuntanzas do grupo de traballo en educación para o desenvolvemento e a cidadanía global para docentes.
A.1.3.3: Promover e facilitar a creación e dinamización dun blog colectivo xestionado polo profesorado da Rede Solidaria da Mocidade.
A.1.3.4: Apoiar a implicación e o recoñecemento aos grupos de mozos/as e profesorado da Rede Solidaria da Mocidade por parte das comunidades educativas.
 

Poboación beneficiaria: 

Directa: 265 (185 mulleres)
Indirecta:
 

Axudas: 

30.000,00 (2013: 12.000,00 ; 2014:18.000,00)