Proxectos

Circularidade das cadeas de valor de produción e consumo de bens intensivos en tecnoloxía en Latinoamérica. O papel da Intelixencia Artificial.

O proxecto realiza unha investigación aplicada sobre economía circular e ecoinnovación en sectores intensivos en tecnoloxía, especialmente nos aparellos eléctricos e electrónicos (AEE) e na intelixencia artificial, en varios países de América Latina. A partir dun análise sistémico, busca identificar innovacións tecnolóxicas, modelos de negocio circulares e accións sociais que reduzcan os impactos ambientais ao longo de toda a cadea de valor. Como continuación do proxecto POTENCIAL, o estudo céntrase en Arxentina, Cuba, Ecuador, México e Perú, contando coa colaboración de universidades e centros de investigación locais para deseñar políticas e estratexias que impulsen a sustentabilidade e a transición cara a unha economía máis sostible.

Ano: 
2025
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria de investigación para o desenvolvemento
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
Código CRS: 
41082 - Investigación medioambiental
Obxectivos: 

Xeral:

Analizar os sectores de AEE e IA en América Latina para promover a ecoinnovación e a economía circular en toda a cadea de valor.

Específico:

Deseñar políticas e estratexias que fomenten a ecoinnovación, a reutilización e a remanufactura, reducindo residuos e xerando emprego cualificado.

Resultados e actividades: 

R.1. Análise da cadea de valor dos sectores de alta tecnoloxía e intelixencia artificial, desde a extracción de materias primas ata a produción e o posconsumo.

R.2. Análise do comercio internacional de aparellos eléctricos e electrónicos (AEE) e residuos de aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE), e as súas cadeas de valor globais. Analizarase o comercio internacional de AEE e RAEE, así como a problemática dos residuos perigosos e a súa xestión.

       A 1.2. Revisión bibliográfica de artigos académicos relevantes sobre este tema.

       A 1.3. Deseño e preparación de guións para entrevistas.

       A 1.4. Procesamento de bases de datos.

       A 1.5. Identificación de axentes locais relevantes para a realización de entrevistas.

       A 1.6. Realización de entrevistas.

       A 1.7. Procesamento de datos.

        A 1.8. Procesamento comparativo de datos entre países.

A 1.9. Elaborarase un informe cos datos recompilados e procesados. Prevese a publicación de artigos académicos coa información obtida durante a execución do proxecto.

R3. Análise das actividades, servizos e infraestruturas vinculadas á prolongación da vida útil dos EEE.

       A .3.1 Revisión bibliográfica de artigos académicos relevantes sobre este tema específico.

       A 3.2. Deseño e desenvolvemento de guións de entrevista.

       A 3.3. Procesamento de bases de datos. Identificación de axentes locais relevantes de carácter político e lexislativo para a realización de entrevistas.

       A 3.4. Realización de entrevistas.

       A 3.5. Procesamento de datos.

       A 3.6. Procesamento comparativo de datos entre países.

       A 3.7. Elaboración dun informe cos datos extraídos e procesados.

R4. Deseñar paquetes de políticas regulatorias, fiscais, de investimento, de capacitación etc., que contribúan a estender a vida útil dos equipos eléctricos e electrónicos e a modificar os modelos de uso e consumo.

A 4.1. Realizarase un diagnóstico inicial das políticas existentes co apoio da información obtida nas actividades 1 e 2.

A 4.2. Posteriormente, elaborarase unha proposta inicial de posibles políticas para a súa aplicación en cada un dos seis países participantes neste proxecto.

A 4.3. Unha vez elaborada a proposta inicial de paquetes de políticas, abrirase un proceso participativo cos socios locais de cada país e as partes interesadas relevantes do sector para revisar a proposta e adaptala ás características específicas de cada país.

A 4.4. Unha vez acordados os paquetes de políticas para cada país, elaborarase un documento que se difundirá durante seminarios e capacitacións.

R5. Desenvolver liñas estratéxicas para fortalecer o papel das pequenas industrias e os reparadores independentes mediante instrumentos fiscais, financeiros e regulatorios.

        A 5.1. Recompilación da información obtida en actividades previas.

        A 5.2. Revisión da literatura relacionada cos modelos de negocio circulares.

        A 5.3. Organización dunha reunión participativa coa poboación obxectivo para identificar necesidades e problemas relacionados co desenvolvemento da súa actividade produtiva.

        A 5.4. Elaboración dunha primeira proposta xeral con posibles medidas.

A 5.5. Apertura do proceso participativo para o debate e a discusión da proposta, levado a cabo tanto co equipo de investigación como coa poboación obxectivo en cada un dos países.

       A 5.6. Inclusión das contribucións de cada socio local.

       A 5.7. Redacción do documento final.

Poboación beneficiaria: 

Directa: (mulleres/nenas, homes/nenos)

Indirecta: (mulleres/nenas, homes/nenos)

Avaliación: 
non prevista
Axudas: 

Axuda da Xunta de Galicia:
30.000,00 e (15.000,00 € en 2025 e 15.000,00 € en 2026)