Colaboración con Farmacéuticos Mundi para actuacions de acción humanitaria e de emerxencia
As actuacións a desenvolver por Farmacéuticos Mundi no marco deste convenio céntranse en dúas estratexias diferenciadas. En primeiro lugar, procederase ao envío de equipos estándares (Kits de Acción Inmediata e Kits Sanitarios para Emerxencias) que permitan atender ás necesidades da poboación durante máis dun ano, adaptándose estritamente ás necesidades e patróns epidemiolóxicos do país de destino e da urxencia concreta que se debe atender. En segundo lugar, procederase á dotación de kits e stocks de medicamentos adecuados e suficientes de resposta en urxencia directamente naqueles países onde Farmacéuticos Mundi ten presenza permanente.
O acordo de colaboración entre a Xunta de Galicia e Farmacéuticos Mundi ten como obxecto realizar as actuacións que ambas partes acorden destinadas a atender as necesidades máis urxentes das poboacións afectadas por catástrofes de orixe natural ou humano, con especial énfase nos colectivos máis vulnerables, a través da provisión inmediata de bens e servizos esenciais para a supervivencia. Por outra banda, a activación deste convenio tamén pretende paliar o sufrimento das poboacións afectadas por crises de longa duración e desequilibrios crónicos e estruturais, especialmente naqueles países e poboacións que contan cun menor Índice de Desenvolvemento Humano.
No marco deste convenio, as actuacións a desenvolver por Farmacéuticos Mundi inícianse a través de accións de asistencia e atención inmediata de urxencia tras declararse o desastre ou crise humanitaria, ou ante a agudización dunha crise crónica (fames negras, desprazamentos de poboación por causas bélicas, económico-sociais ou post-catástrofe) para evitar unha grande mortalidade entre as persoas damnificadas.
No desenvolvemento destas actuacións, Farmacéuticos Mundi traballará a partir de dúas estratexias distintas. Por unha banda, procederase ao envío de equipos estándares (Kits de Acción Inmediata e Kits Kits Sanitarios para Emerxencias) desde a súa área loxística con sede en Valencia, que se realizará en coordinación coa Oficina de Acción Humanitaria da Axencia Española de Cooperación ao Desenvolvemento (AECID), a fin de garantir que os envíos se axusten ás necesidades do país receptor e que se atopen no marco do dispositivo de coordinación de urxencias do mesmo. Estes Kits foron deseñados seguindo o modelo da Organización Mundial da Saúde para prestar unha axuda rápida e eficaz en situacións de urxencia e permiten atender as necesidades da poboación durante 13 meses ou máis, adaptándose estritamente ás necesidades e patróns epidemiolóxicos do país de destino e da urxencia concreta que se deba atender.
Así mesmo, Farmacéuticos Mundi, está impulsando unha nova estratexia de resposta en urxencias que busca aumentar e mellorar a súa acción na primeira fase dunha crise humanitaria. Para iso, estase procedendo á dotación de Kits e stocks de medicamentos adecuados e suficientes de resposta en urxencia directamente naqueles países onde a organización conta con presenza permanente. Por iso, a partir do ano 2010, Farmacéuticos Mundi conta con este dispositivo en Nicaragua, Guatemala, O Salvador, Perú, República Dominicana, Haití, República Democrática do Congo (RDC) e Serra Leona.
Excepcionalmente, a entidade poderá solicitar que se impulse algunha acción non incluída na descrición anterior a cargo do presente convenio, xustificando debidamente os motivos. A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza deberá aprobar expresamente esta solicitude no prazo máximo de dez días.
50000