Combatendo a violencia machista nos campos de poboación refuxiada de Palestina na Franxa de Gaza: protección e atención ás mulleres sobreviventes de violencia de xénero 2021
Convenio subscrito no marco do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero para o financiamento de actuacións no marco das medidas 36 e 37 do devandito Pacto, que afectan o ámbito da cooperación internacional:
- Medida 36: promover que no marco da cooperación internacional se destinen recursos para medidas específicas contra a violencia machista dentro dos protocolos de actuación en campos de refuxiados e refuxiadas.
- Medida 37: instar a que nos recursos dedicados por España á cooperación internacional para refuxiados e refuxiadas se apliquen medidas específicas para a prevención da violencia machista contra as mulleres e menores de idade, tanto en tránsito como en destino.
En concreto, e en cumprimento da medida 36, traballarase na mellora da atención integral a mulleres e nenas vítimas de violencia no actual contexto xerado pola pandemia da COVID-19, que someteu ás mulleres e nenas a maior risco de violencia.
Xeral: Garantir o dereito das mulleres refuxiadas de Palestina na Franxa de Gaza á liberdade, a seguridade e a vida, libre de violencia machista.
Específico: Mellorar a protección e a atención integral no tratamento de casos de violencia machista e sensibilizar á comunidade sobre a realidade das mulleres sobreviventes refuxiadas de Palestina nos campos da Franxa de Gaza.
RE 1.1. Fortalecido o sistema de prevención e atención a vítimas sobreviventes e sensibilizada a comunidade sobre violencia machista contra as mulleres.
A.1.1.1. Identificación das necesidades nos centros sanitarios e contratación do persoal.
A.1.1.2. Realización de terapias para a prevención, atención e tratamento da violencia machista.
A.1.1.3. Derivación ao servizo de asesoría xurídica mediante o Sistema de Derivación de Violencia de Xénero.
A.1.1.4. Supervisión e monitoreo da atención a mulleres vítimas e sobreviventes de violencia machista.
A.1.1.5. Sensibilización comunitaria para a prevención da violencia machista.
A.1.1.6. Seguimento da intervención.
O proxecto beneficiará de forma directa a 618 mulleres (80%) e 158 homes.
Axuda Xunta de Galicia: 84.000,00 €