COMBATER A FAME. PROXECTO DE TODOS. SEGUNDO O 1º ODM. CONTRA A FAME, DEFENDER A TERRA. SEGUNDO O 1º ODM.
Concienciar a poboación sobre a necesidade de alcanzar no 2015 o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio
Coñecemento do 1º ODM: “Erradicar a pobreza extrema e a fame" e difundir a necesidade de acadar o seu cumprimento.
- Elaborar e imprimir en galego os materiais educativos sobre os ODM.
- Contactar, presentar e entregar os materiais educativos aos docentes.
- Realizar o VI Curso de Cine en Valores.
- Realizar charlas e conferencias sobre a campaña na USC.
- Deseñar, elaborar e distribuír materiais da campaña.
- Realizar charlas e conferencias e obradoiros sobre os ODM dirixidos a sociedade galega.
- Lectura do manifesto.
- Deseñar, elaborar e distribuír a exposición fotográfica itinerante sobre os 50 anos de Mans Unidas.
- Realizar as xornadas de verán, baixo o título: “Combater a fame e a pobreza: proxecto de todos".
- Realizar cursos sobre os ODM dirixidos a catequistas.
Beneficiarios/as directos/as:
• 5.000 profesores/as e 54.000 nenos e nenas de todos os ciclos educativos non universitarios
• 376.400 persoas das parroquias galegas: Catequistas, nenos/as, maiores, clero...
• 200 estudantes, profesores/as universitarios e público en xeral asistentes ao Curso de Cine e Valores, xornadas de verán e ás charlas de sensibilización organizadas nas universidades galegas.
Beneficiarios/as indirectos/as:
A poboación galega en xeral por medio das campañas de comunicación e charlas e conferencias en centros socioculturais, concellos, etc
20500