Proxectos

Compensación alimentaria escolar de UNRWA en Gaza

O presente convenido de colaboración ten como fin principal axudar á mellora da área específica de educación, a través do apoio ao Programa de Compensación Alimentaria Escolar da UNRWA na Franxa de Gaza, coa finalidade de mellorar os niveis educativos e de rendemento escolar de 5.569 nenas e nenos refuxiados que asisten aos centros educativos desta Axencia das Nacións Unidas.

Ano: 
2012
Instrumento de financiamento: 
Convenio Acción Humanitaria
Rexión: 
Asia
País: 
TERRITORIOS PALESTINOS
Zona de actuación: 
Franxa de Gaza
Axentes: 
UNRWA
Código CRS: 
72040 - Axuda alimentaria de emerxencia
Obxectivos: 

Obxectivo Xeral: Reducir o impacto da pobreza entre as familias refuxiadas da Franxa de Gaza.
Obxectivo Específico: Contribuír á mellora dos niveis educativos e de rendemento dos nenos e nenas refuxiados e refuxiadas nos centros escolares de UNRWA.

Resultados e actividades: 

Resultado.1.1: Mellorado o nivel de concentración e de rendemento escolar de aproximadamente 5.569 nenos e nenas a través da inxesta de alimentos de elevado aporte calórico nas escolas da UNRWA na Franxa de Gaza.
Actividades:
A.1.1.: identificación do número de paquetes de compensación alimentaria escolar necesarios por neno e nena e por escola.
A.1.2.: Procedemento de licitación e selección do provedor, preferentemente local.
A.1.3.: Distribución dos paquetes de compensación alimentaria nas escolas UNRWA da Franxa de Gaza.
A.1.4.: Seguimento da intervención.

Poboación beneficiaria: 

Directa: 5.569 nenos e nenas a través da inxesta de alimentos de elevado achegue calórico nas escolas da UNRWA na Franxa de Gaza.

Axudas: 

25000