Proxectos

COMUNICACIÓN E COOPERACIÓN AMBIENTAL: CLAVES NA CALIDADE NA COOPERACIÓN GALEGA

A través do presente proxecto, Amigos da Terra e Agareso porán en marcha un plan de mellora baseado en varios aspectos:
- Xestión de Amigos da Terra e Agareso nas áreas de comunicación, administración e proxectos.
- Coordinación de accións de sensibilización e difusión de proxectos.
- Capacidade das organizacións para o deseño e realización de campañas e actividades de sensibilización, educación para o desenvolvemento e incidencia social.
- Potenciación e fomento do uso das redes sociais entre as ONGD para dar a coñecer as actividades e promover a participación activa dos beneficiarios e socios das dúas entidades, atendendo tamén aos diferentes axentes de cooperación e a sociedade.
- Optimización de recursos humanos e materiais e busca de vías de financiamento alternativas.
- Realización conxunta de formación aos axentes de cooperación en temas de comunicación e cooperación ambiental.
Período de execución: xuño 2010 – outubro 2011

Ano: 
2010
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Consolidación e fortalecemento de ONGD
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
AMIGOS DA TERRA GALICIA-XUVENTUDE
ASOCIACION GALEGA DE REPORTEIROS SOLIDARIOS (AGARESO)
Código CRS: 
92010 - Apoio a ONGD nacionais
Obxectivos: 

Consolidada e reforzada as relacións entre Amigos da Terra e Agareso xerando maior capacidade da cooperación galega

Resultados e actividades: 

- Definición do sistema de calidade a implantar en Amigos da Terra e Agareso.
- Diagnóstico inicial da organización.
- Deseño do sistema e planificación e deseño de documentación.
- Implantación dun sistema de xestión de calidade.
- Auditoría interna, mellora do sistema e acompañamento durante o primeiro ano.
- Elaboración dun plan de expansión e descentralización.
- Contratación de dúas persoas a media xornada.
- Realización de dúas actividades de formación dirixidas aos membros de Amigos da Terra e Agareso.
- Elaboración de estratexia de comunicación para a difusión das accións de cooperación ambiental e presentacións dos proxectos de cooperación ambiental.
- Organización de exposicións fotográficas dos proxectos de cooperación ambiental.
- Elaboración e difusión de material para sensibilización.
- Elaboración de dossier de prensa cos impactos dos proxectos de cooperación ambiental nos medios de comunicación.

Axudas: 

60.000€ (2010: 24.000€ - 2011: 36.000€)