Proxectos

Comunidade educativa do barrio Santa Lucía empoderada para a súa participación activa no sistema educativo a través da xeración de capacidades nos titulares de dereitos, responsabilidades e obrigacións para unha educación inclusiva e de calidade en Santiago de los Caballeros, asociado ao “ Programa de mellora do barrio Santa Lucía”, IDI República Dominicana.

O presente proxecto busca dar continuidade á intervención de desenvolvemento impulsada pola Xunta de Galicia a través da IDI “Programa Integral de Mellora do Barrio Santa Lucía, que foi executado con intervención directa por parte da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea da Xunta de Galicia, implementado entre os anos 2008-2012. Durante o proceso de identificación da intervención mediante un diagnóstico participativo formulouse unha estratexia de mellora do sistema educativa do Barrio Santa Lucía que non se puido executar por mor de limitacións orzamentarias naquel momento.

A Fundación Balms para a Infancia, xunto con CIDEL e Fundación Solidariedade, entidades que manteñen o seu apoio constante ao Barrio Santa Lucía, xunto coa poboación do Barrio a través das súas organizacións comunitarias, principalmente, Consello de Desenvolvemento do Barrio Santa Lucía e a Asociación de Recicladores e Recicladoras de Rafey , identificamos o acceso a un sistema de calidade e inclusivo como unha das barreiras que non permite o desenvolvemento sustentable do Barrio e por tanto, como unha meta para conseguir

Con este propósito, definimos tres resultados que queremos conseguir coa intervención os cales terán un efecto impulsor ao logro do obxectivo. Estes resultados veñen definidos por tres estratexias de traballo con diversos actores do Barrio Santa Lucía que leven un fortalecemento e implicación no sistema educativo:

R1. Docentes, persoal directivo dos centros educativos, mestres e mestras empoderados para unha práctica educativa de calidade, inclusiva e innovadora nos centros educativos de Santa Lucía.

R2. Incorporados modelos de xestión participativa das familias do barrio Santa Lucía promovendo unha reflexión crítica desde os titulares de dereitos e responsabilidades para fortalecer o seu compromiso cunha educación de calidade do barrio.

R3. Mellorada a flexibilidade do sistema educativo do Barrio Santa Lucía para as necesidades da poboación infantil e moza do Barrio, con especial atención ás mulleres adolescentes.

Ano: 
2017
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior ONGD
Rexión: 
Centroamérica e Caribe
País: 
REPÚBLICA DOMINICANA
Axentes: 
FUNDACIÓN BALMS PARA LA INFANCIA
Contraparte: 

Fundación Solidariedade e Centro integral para o desenvolvemento local (CIDEL) 

Código CRS: 
11220 - Educación primaria
11110 - Política educativa e xestión administrativa
11230 - Capacitación básica de mozos e persoas adultas
Obxectivos: 

Obxectivo Xeral: Contribuír ao logro de dereitos de nenos, nenas, mozos/as e persoas adultas a unha educación inclusiva e de calidade no Barrio de Santa Lucía, Santiago de los Cabaleros, mediante o fortalecemento da comunidade educativa do Barrio

Obxectivo Específico: Comunidade educativa do Barrio Santa Lucía, Santiago de los Caballeros, empoderada para a súa implicación e participación no sistema educativo a través da xeración de capacidades nos titulares de dereitos, responsabilidades e obrigacións do sistema educativo comunitario desde un enfoque integral de perspectiva de xénero.

Resultados e actividades: 

Resultado 1.1: Mellorada a motivación de docentes, mestres e mestras para unha práctica educativa de calidade, inclusiva e innovadora nos centros educativos do Barrio Santa Lucía.

A1.1.1 Deseño e desenvolvemento dunha estratexia de innovación pedagóxica e participativa para os centros educativos do Barrio Santa Lucía.

A1.1.2 Deseño e desenvolvemento dunha estratexia de capacitación para mestres e mestras en lectoescritura. Xornadas de capacitación para mestres e mestras

A1.1.3 Seminario de formación para estudantes de carreiras docentes

A1.1.4 Seminario práctico sobre habilidades sociais para o traballo na aula: “Comunicación afectiva e efectiva no proceso de ensino-aprendizaxe

A1.1.5 Investigación- Acción sobre a harmonización de documentación educativa de centro: Proxecto Educativo, Curriculum e Programación Didáctica.

A1.1.6 Rede de educadores para a inclusión educativa e a innovación pedagóxica para a educación de cidadanía global  “Foro de Reflexión Docente”

Resultado 1.2. Incorporados modelos de xestión participativa das familias do Barrio Santa Lucía promovendo unha reflexión crítica desde os titulares de dereitos e responsabilidades para fortalecer o seu compromiso cunha educación de calidade no Barrio.

A1.2.1: Creación do Consello Educativo do Barrio Santa Lucía.

A1.2.2: Fortalecemento do Plan Nacional de alfabetización do Ministerio de Educación para Adultos Quisqueya Aprende Contigo no Barrio Santa Lucía.

A1.2.3: Elaboración de bases de datos dos nenos e nenas asentados no barrio con análise de xénero.

A1.2.4: “Comunidades de Aprendizaxe” liderada polo Club de Nais do Barrio Santa Lucía.

A1.2.5: Estudo de viabilidade dunha cooperativa de mulleres xestora de actividades de educación infantil.

Resultado 1.3: Mellorada a flexibilidade do sistema educativo do Barrio Santa Lucía ás necesidades formativas da poboación infantil e moza, con especial incidencia nas mulleres adolescentes.

A1.3.1: Fortalecemento do Programa Nacional Quisqueya Empeza Contigo” de atención integral á primeira infancia de base familiar e comunitaria

A1.3.2: Estudo sobre a brecha de xénero en nenas, nenos e poboación adolescente no sistema educativo do Barrio Santa Lucía.

A1.3.3: Continuidade da estratexia de educación profesional e inserción laboral para os mozos do Barrio, con especial incidencia nas adolescentes iniciada no marco do “Programa de Mejora do Barrio Santa Lucía” pola Cámara de Comercio e Produción de Santiago de los Caballeros.

A1.3.4: Deseño e posta en marcha dunha estratexia de funcionamento e sosteniblidade para a “Escola de Arte e Tempo Libre” do Centro Comunal Mauro Lorenzo do Barrio Santa Lucía

Poboación beneficiaria: 

Directa: Unhas 2.900 persoas, das cales 1.403 adultas/os (680 mulleres e 723 homes) e, 1.533 nenas/os (949 nenas e 584 nenos), poboación do barrio de Santa Lucía. Concretamente organizacións sociais de barrio como: Consejo del Barrio de Santa Lucía, Club de Madres, Asociación de recicladores/as de Rafey.

Indirecta:  Unhas 233.020 persoas (114.800 mulleres e 118.220 homes) que residen na zona de Cienfuegos

Axudas: 

167.441,00 €  (2017: 66.976,40 €;  2018: 100.464,60 €)