Proxectos

“Comunidades Educativas transformadoras dende a ética dos coidados por unha cidadanía local e global II”

O proxecto “Comunidades educativas transformadoras dende a ética do coidado por unha cidadanía global e local II” ven de anteriores procesos de intervención de InteRed Galicia no que se pretendeu acompañar para a incorporación da ética do coidado e a equidade de xénero en espazos educativos, tanto escolares como fóra do ámbito escolar. Este traballo permitiu, ademais de introducir a ética dos coidados e a equidade de xénero nos espazos educativos, identificar novas necesidades e considerar re axustar as intervencións tendo en conta as diferentes casuísticas, recursos e ritmos dos grupos participantes. Por tanto, se ben este proxecto continúa na liña de traballo anterior, pretende realizar intervencións máis axustadas froito do anterior proceso a fin de acadar, dende o máis local, unha cidadanía comprometida ca sustentabilidade da vida humana e da natureza. En definitiva, este proxecto vai enfocarse tanto en espazos escolares como non escolares mais, en cada un deles, axustándose a cada un dos axentes implicados e ás súas necesidades e/ou demandas.

Ano: 
2018
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Educación para o desenvolvemento
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
INTERED GALICIA
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Obxectivo xeral: Promover unha cidadanía crítica, activa e responsábel, comprometida coa defensa dos dereitos humanos, a xustiza global, a igualdade de xénero e o desenvolvemento sostíbel.

Obxectivo específico: Impulsar comunidades educativas transformadoras – do ámbito escolar e non escolar – dende os coidados e a equidade de xénero para a construción dunha cidadanía local-global acorde á axenda 2030 e aos Obxectivos do Desenvolvemento Sostíbel (ODS).

Resultados e actividades: 

Resultado 1.1: Comunidades Educativas do ámbito escolar (alumando, profesorado, equipas directivas e ANPAS) fortalecen as súas capacidades de xerar suxeitos transformadores dende os enfoques da equidade de xénero e de dereitos, con perspectiva afectivo-emocional e dos coidados para unha cidadanía local-global.

A1.1.1: Avaliación inicial e identificación de necesidades das equipas docentes, ANPAS e voluntariado

A1.1.2: Sesións formativas co estudantado de dous niveis educativos de tres centros escolares.

A1.1.3: Acompañamento e formación das Asociacións de Nais e Pais de alumnado sobre perspectiva afectivo-emocional, ética dos coidados, equidade de xénero e masculinidades.

A1.1.4: Acompañamento no proceso educativo do profesorado implicado en cada un dos centros escolares participantes e, cando menos, dúas formacións presencias aos claustros docentes dos catro centros escolares en torno á equidade de xénero, perspectiva afectivo-emocional e ética do coidado orientada á acción persoal para a transformación social.

A1.1.5: Formación online sobre ética dos coidados, de 50 h. de duración distribuídas en 8 semanas, dirixida ás equipas docentes dos centros escolares (50 docentes) e inserida na aula virtual do Centro Autonómico de Formación e Innovación da Consellería de Educación.

A1.1.6: Presentación da guía metodolóxica sobre equidade de xénero e autoestima dirixida a profesorado

A1.1.7: Deseño de estratexia de seguimento e avaliación do proceso.

Resultado 1.2: Comunidades educativas de ámbito non escolar (Organizacións sociais e voluntariado) fortalecen as súas capacidades de xerar suxeitos transformadores dende os enfoques da equidade de xénero e de dereitos, con perspectiva afectivo-emocional e dos coidados para unha cidadanía local-global

A1.2.1: Avaliación inicial e identificación das necesidades da organización involucrada no proxecto e establecemento dun plan operativo.

A1.2.2: Sesións formativas co voluntariado e participantes da organización implicada.

A1.2.3: Sesións formativas co voluntariado e persoal educador da organización implicada.

A1.2.4. Formacións presenciais para educadoras/es e voluntariado dos programas de educación non escolar para abordar a ética dos coidados, a equidade de xénero e a sustentabilidade ambiental, perspectiva afectivo-emocional mediante metodoloxías innovadoras.

A1.2.5: Presentación da guía metodolóxica sobre equidade de xénero e autoestima dirixida a educadoras/es que traballen con infancia e xuventude no ámbito da educación non escolar.

A1.2.6: Formación e acompañamento na consolidación dun grupo de homes colaboradores interesados en traballar masculinidades con perspectiva afectivo-emocional

A1.2.7: Formación-acción para a comunicación transformadora, dirixida a educadoras/es e voluntariado.

A1.2.8: Accións de participación e mobilización en torno á ética do coidado e a perspectiva afectivo-emocional.

A1.2.9: Deseño dun sistema de seguimento e avaliación dos procesos educativos a desenvolver no ámbito non escolar.

Poboación beneficiaria: 

Directa: Unhas 379 persoas, das cales 255 son persoas adultas (166 mulleres e 89 homes), e 124 nenas/os (53 nenas e 71 nenos).

A poboación destinataria divídese en dúas liñas de traballo:

R1. Comunidades Educativas Transformadoras en Educación Formal:

Entre alumnado, profesorado e familias estímanse 67 crianzas (32 nenas e 35 nenos) e 139 persoas adultas (95 mulleres e 44 homes).

R2. Comunidades Educativas Transformadoras en Educación non Formal

· Un total de 116 educadoras/es e voluntariado (71 mulleres e 45 homes), así como de 57 rapazas/es (36 rapaces e 21 rapazas).

Indirecta: Unhas 2.091 persoas, das cales 721 son persoas adultas (394 mulleres e 327 homes), e 1.370 nenas/os (655 nenas e 655 nenos).

 

Avaliación: 
prevista
Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 34.941.34 €; 13.976,54€ (2018) e 20.964,80€ (2019)