Comunidades resilientes a través do enfoque de saúde integral e seguridade alimentaria e nutricional no municipio de San Marcos de Colón, Honduras – CORESAN
Este proxecto pretende contribuír a impulsar formas de vida resilientes que contribúan ao benestar de 25 comunidades rurais atendidas polo CIS de San Francisco e ZPP As Trementinas do municipio de San Marcos de Colón, Choluteca (Honduras) a través dun enfoque de saúde integral e seguridade alimentaria e nutricional. Para iso, propón unha serie de estratexias e solucións orientadas a incrementar progresivamente o goce do dereito á saúde e a seguridade alimentaria para as citadas comunidades, baseadas nun enfoque de dereitos con perspectiva de xénero. O proxecto preséntase como unha segunda fase dun primeiro proxecto desenvolvido entre 2020- 2021, titulado “Contribuíndo ás capacidades locais para unha saúde integral a través dun enfoque baseado en contornas saudables nas 17 comunidades atendidas polo CIS de San Francisco, San Marcos de Colón. Honduras”, con financiamento da Xunta de Galicia, constituíndo a súa continuación a nivel metodolóxico e de accións desenvolvidas, que se producirán en dous planos: o da saúde (reforzando os servizos sanitarios da zona a nivel de capacitación, infraestrutura e equipamento, estendendo a súa cobertura ás comunidades máis afastadas e promovendo entre familias e axentes educativos unha perspectiva de vida saudable e resiliente desde o enfoque baseado en dereitos); e o da seguridade alimentaria (con accións de diversificación produtiva sostible para paliar os déficits de inxesta de alimentos, poñendo en marcha hortos familiares e programas de formación en boas prácticas agrícolas e de sensibilización escolar).
Sur en Acción
Xeral: Xerar condicións para a mellora da saúde comunitaria integral e a calidade de vida do Corredor Secod e Honduras.
Específico: Impulsar formas de vida resilientes que contribúan ao benestar de mulleres e homes do municipio de San Marcos de Colón, a través do enfoque de saúde integral e seguridade alimentaria e nutricional.
RE 1.1. Reforzada a cobertura sanitaria do CIS de San Francisco e ZPP das Trementinas, mediante a capitación dos ESFAM e a mellora da súa infraestrutura e equipamento sanitario.
A.1.1.1 Fortalecido o talento humano do ESFAM e axentes comunitarios de saúde na metodoloxía Promovendo Contornas Saudables
A.1.1.2 Mellora da infraestrutura do ZPP As Trementinas
A.1.1.3 Cotización, compra e entrega de mobiliario e equipo médico cirúrxico ao CIS de San Francisco e ZPP As Trementinas.
A.1.1.4 Intercambio de experiencias e aprendizaxes mutuas entre o persoal sanitario de San Marcos de Colón e o de Galicia: realización da feira de Saúde e brigadas médicas voluntarias desde Galicia para capacitación ao persoal médico de San Marcos de Colón e atención a comunidades beneficiarias.
A.1.1.5 Intercambio de experiencias e aprendizaxes mutuas entre o persoal sanitario de San Marcos de Colón e o de Galicia: visita de dous médicos/as de San Marcos de Colón a Galicia.
RE 1.2 Empoderadas 250 familias de San Marcos de Colón para a promoción de novos hábitos e estilos de vida resilientes e vivendas saudables mediante a metodoloxía "promovendo contornas saudables" con enfoque de dereitos
A.1.2.1 Seguimento aos 17 Comités de Saneamento Básico Comunitario creados.
A.1.2.2 Organización, capacitación, equipamento e subministración de material didáctico a 8 novos CSBC das comunidades atendidas polo ZPP As Trementinas:
A.1.2.3 Monitoreo e avaliación a través de visitas domiciliarias periódicas, realizado polos CSBC
RE 1.3 Incrementada a seguridade alimentaria de 8 comunidades de San Marcos de Colón a través do desenvolvemento de iniciativas de diversificación produtiva sostibles e respectuosas co medio ambiente e con enfoque de xénero
A.1.3.1 Capacitación a produtores e produtoras en Boas Prácticas Agrícolas.
A.1.3.2 Establecemento de iniciativas para a diversificación produtiva local (grans básicos, hortalizas e froiteiras).
A.1.3.3 Establecemento de hortos familiares cun enfoque bio intensivo.
A.1.3.4 Talleres de Innovación produtiva para a seguridade alimentaria e nutricional da familia
A.1.3.5 Establecemento de leiras modelos en zonas estratéxicas da microconca produtora de auga ás comunidades
RE 1.4 Mellorada a seguridade alimentaria e as capacidades de protección do medio ambiente de nenos e nenas de 13 centros escolares de SMC.
A.1.4.1 Establecemento de hortos escolares con enfoque bio intensivo.
A.1.4.2 Charlas educativas a nenos e nenas dos centros educativos en temas de protección e conservación do medio ambiente, cambio climático, principios agroecolóxicos
A.1.4.3 Implantación da feira de coñecemento orientada á protección e conservación dos recursos naturais.
RE 1.5 Fortalecidas institucións municipais e promovidas accións para favorecer a emancipación da muller e a súa independencia económica mediante iniciativas de emprendemento
A.1.5.1 Apoio a iniciativas de emprendemento lideradas por mulleres adultas e mulleres novas (organizadas).
A.1.5.2 Intercambio de experiencias a proxectos exitosos.
A.1.5.3 Capacitación a persoal docente, agrupación de pais e nais de familia e alumnado, sobre temas de igualdade e equidade de xénero e prevención de embarazos na nenez e adolescencia
A.1.5.4 Promover un convenio de irmandade e cooperación solidaria para o proceso de fortalecemento á Oficina Municipal da Muller (OMM) do Municipio de San Marcos de Colón e un municipio de Galicia.
Directa: 2.712 persoas (825 homes, 863 mulleres, 482 nenos e 542 nenas)
Indirecta: 7.097 persoas (2.364 homes, 2.473 mulleres, 1.115 nenos e 1.145 nenas)
Axuda Xunta de Galicia:
224.876,84 € (89.950,74 € en 2022 y 134.926,10 € en 2023)