Comunidades resilientes a través do enfoque de saúde integral no Municipio de San Marcos de Colón, Departamento de Choluteca, Honduras
O presente proxecto dá continuidade a un proceso iniciado en 2020 e que se levou a cabo nos últimos 4 anos a través de dous proxectos financiados por Cooperación Galega da Xunta de Galicia. Esta proposta trata de dar resposta á falta de recursos sanitarios adecuados e a unhas condicións comunitarias deficientes que impiden o goce dunha vida plena, con especial atención á prevención de riscos e enfermidades que atentan directamente contra o benestar físico e emocional das mulleres.
A través desta intervención búscase fortalecer a resiliencia e o benestar de máis de 7.000 persoas que habitan as 25 comunidades do municipio de San Marcos de Colón, en Choluteca, Honduras, desde o enfoque da saúde integral. A través de 4 resultados preténdese desenvolver un enfoque integral e con perspectiva de xénero que contribúa a garantir a vixencia plena do dereito á saúde das poboacións destinatarias reforzando a cobertura sanitaria do sistema descentralizado de saúde, fortalecendo as capacidades comunitarias para a prevención de enfermidades e promoción de contornas e hábitos de vida saudables, mellorando a calidade e calidez da atención en Saúde Sexual e Reprodutiva en alianza coa Secretaria de Saúde e Ciudad Muller e consolidando a planificación conxunta das catro organizacións (SEXA, SIG, SG e Sólida) para traballar en base a información actualizada e de calidade para un fortalecemento institucional.
Sur en Acción
Xeral: Contribuír á vixencia plena do dereito a unha saúde integral das comunidades de San Marcos de Colón, Honduras.
Específico: Fortalecida a resiliencia e o benestar de 25 comunidades do municipio de San Marcos de Colón, en Choluteca, Honduras, desde o enfoque de saúde integral
RE 1.1 Reforzada a cobertura sanitaria do sistema descentralizado de saúde de San Marcos de Colón en 25 comunidades priorizadas.
A.1.1.1 Desenvolvemento dunha aplicación software que facilite o rexistro, consulta e análise dos datos sanitarios da poboación atendida.
A.1.1.2 Intercambio de aprendizaxes mutuas entre o persoal sanitario do descentralizado de Saúde de SMC e o persoal sanitario de Galicia.
A.1.1.3 Realización de 4 Feiras de Saúde.
RE 1.2 Fortalecidas as capacidades comunitarias para a prevención de enfermidades e promoción de contornas e hábitos de vida saudables
A.1.2.1 Elaboración de diagnósticos comunitarios dos Servizos de Auga Públicos (SAP).
A.1.2.2 Análise da auga das 8 comunidades priorizadas.
A.1.2.3 Fortalecemento das Xuntas Administradoras de auga.
A.1.2.4 Dotación de filtro de auga para consumo humano.
A.1.2.5 Formación aos axentes voluntarios de saúde en temas sanitarios priorizados desde a Secretaría de Saúde.
A.1.2.6 Taller de saúde mental e autocoidado con axentes voluntarios de saúde
A.1.2.7 Alfabetización en Seguridade Alimentaria e Nutricional con axentes voluntarios de saúde
A.1.2.8 Consolidación dos Comités de saneamento Básico Comunitario (CSBC).
A.1.2.9 Vixilancia e seguimento a través de visitas domiciliarias periódicas, realizado polo Comité de Saneamento Básico Comunitario (CSBC).
RE 1.3 Mellorada a calidade e calidez da atención en Saúde Sexual e Reprodutiva en alianza coa Secretaria de Saúde e Ciudad Mujer.
A.1.3.1 Formación en Saúde Sexual e Reprodutiva cos axentes voluntarios de saúde.
A.1.3.2 Apoio na Implementación da Estratexia nacional de Prevención do embarazo en Adolescentes en Honduras (ENAPREAH) nas comunidades do proxecto.
A.1.3.3 Alianza con Ciudad Muller de Choluteca, para a prevención de enfermidades vinculadas ao cancro de mama e cervi-uterino.
RE 1.4 Consolidada a planificación conxunta das catro organizacións (SEXA, SIG, SG e Sólida) para traballar coas 25 comunidades en base a información actualizada e de calidade.
A.1.4.1 Elaboración dun Diagnóstico de Saúde Integral nas 25 comunidades de intervención.
A.1.4.2 Liña de Base sobre a situación das familias en Saúde Integral.
Directa: 2.819 (959 homes; 1.170 mulleres; 356 nenos; 334 nenas)
Indirecta: 7.097 (2.364 homes; 2.473 mulleres; 1.115 nenos; 1.145 nenas)
Axuda Xunta de Galicia:
234.935,83 € (82.227,54 € en 2024 e 152.708,29 € en 2025)