Proxectos

Conformación dunha rede galega de cooperación universitaria para o desenvolvemento.

Este Convenio pretende coordinar o traballo conxunto das tres Universidades galegas nos eidos da formación, capacitación e actuación dos seus membros para crear unha rede galega de cooperación universitaria para o desenvolvemento.

Ano: 
2014
Instrumento de financiamento: 
Convenio
Rexión: 
Sen identificar
País: 
Sen especificar
Axentes: 
UNIVERSIDADE DA CORUÑA
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
UNIVERSIDADE DE VIGO
Código CRS: 
11110 - Política educativa e xestión administrativa
Obxectivos: 

Obxectivo xeral: fortalecer o papel das universidades galegas no ámbito da cooperación para o desenvolvemento a través da colaboración institucional mutua, e con outras institucións e entidades activas neste eido.

Obxectivo específico: conformar a Rede Galega de Cooperación Universitaria para o Desenvolvemento como un instrumento para facilitar o desenvolvemento institucional das universidades de Galicia en materia de cooperación para o desenvolvemento, así como para a elaboración conxunta de proxectos de cooperación para o desenvolvemento e actividades académicas neste eido.
 

Resultados e actividades: 

R1. As tres universidades galegas contan con persoal específico, para a dinamización e posta en marcha da Rede Universitaria.

R2. O persoal universitario (estudantes, PAS, PDI…) conta con formación específica en materia de cooperación para o desenvolvemento no ámbito universitario.

R3. Diagnóstico de situación que nos permita coñecer as potencialidades das tres universidades galegas no ámbito da cooperación para o desenvolvemento.

R4. Portal en liña que dea soporte ao traballo en rede das tres universidades en materia de cooperación para o desenvolvemento.

 

Axudas: 

99.000 euros