Proxectos

CONSERVACIÓN DO CHAN E AUGAS NO ALTIPLANO BOLIVIANO E A CONCA DO RÍO DA PRATA (BOLIVIA, BRASIL E ARXENTINA)

Establecer vínculos de cooperación coas universidades e centros de investigación en Bolivia e fortalecemento dos vínculos de cooperación xa existentes coas universidades e centros de investigación en Arxentina e Brasil

Ano: 
2007
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior outros axentes
Rexión: 
América do Sur
País: 
BRASIL
BOLIVIA
ARXENTINA
Zona de actuación: 
Sao Paulo
Cochabamba (departamento)
Chaco
Axentes: 
UNIVERSIDADE DA CORUÑA
Contraparte: 

Universidade Maior de San Simon. Bolivia
Instituto Nacional de Investigacións Agropecuarias na provincia do Chaco (Arxentina).
Facultade de Ciencias Agrícolas e Pecuarias de , Arxentina, Brasil

Código CRS: 
31182 - Investigación agraria
Obxectivos: 

Profundizar na avaliación do grao de erosión e degradación dos solos no Altiplano Boliviano, a área drenada polo río da Prata en Arxentina (provincias de Misións, Chaco, Correntes, Entre Ríos, Santa  Fe e Córdoba) e dos estados brasileiros de  Bahía,  Sao Paulo,  Paraná e Santa  Catarina.
Fortalecer o plan de capacitación e adestramento “in situ" que están levando a cabo o persoal técnico e estudantado da Facultade de Agronomía da Universidade Maior de San Simón en Cochabamba (Bolivia) sobre manexo dos solos degradados dirixido a pequenas produtoras e produtores agrícolas.
Levar a cabo programas de extensión, cursos de conservación e, asesorías por parte do persoal técnico do Instituto Nacional de Investigacións Agropecuarias na provincia do  Chaco (Arxentina).
Apoio á mobilidade do persoal investigador, docente e alumnado de posgrao, realización cursos de doutoramento e defensa de teses doutorais na  UDC. Proposta de cursos de doutoramento conxuntos entre  UDC e universidades de Iberoamérica.
Elaboración de proxectos de docencia e investigación conxuntos para a súa presentación a organismos internacionais.

Resultados e actividades: 

-  Labores de extensión e capacitación
-  Desenvolvemento de proxectos
-  Deseño e impartición de cursos e realización de teses doutorais
-  Obras mecánicas para conservación do solo en comunidades rurais de  Cochabamba (Bolivia)
-  Rotación de cultivos para conservación do solo en comunidades rurais de  Chaco (Arxentina)
-  Transferencia de tecnoloxía para análise de solos e auga
-  Investigación conxunta con centros de Bolivia, Arxentina e Brasil
-  Formación de terceiro ciclo e defensa de teses doutorais de profesorado e alumnado na Universidade da Coruña
-  Deseño de  curricula de posgrao 

Poboación beneficiaria: 

Está prevista a participación dun grupo de Bolivia, tres grupos de Arxentina e outros tres grupos de Brasil con máis de 40 investigadoras e investigadores e 60 alumnas e alumnos de posgrao. A mobilidade facilitará ao profesorado dos países iberoamericanos a presentación de relatorios e comunicacións en congresos que se celebren en Europa

Axudas: 

105000