Proxectos

CONSOLIDACIÓN DA ÁREA DE COOPERACIÓN INTERNACIONAL ESPECIALIZADA EN HEMOFILIA E SAÚDE

Realizar proxectos que garantan o desenvolvemento das persoas con hemofilia e discapacidade no exterior

Ano: 
2009
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Consolidación e fortalecemento de ONGD
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
ASOCIACIÓN GALEGA DE HEMOFILIA
Código CRS: 
92010 - Apoio a ONGD nacionais
Obxectivos: 

- Constituír a área de cooperación ao desenvolvemento no exterior. 
- Conseguir que 6 profesionais de AGADHEMO e COGAMI teñan ao menos 30 horas de formación sobre os aspectos técnicos das diferentes fases dun proxecto de desenvolvemento.
- Conseguir a identificación de polo menos dous proxecto de cooperación ao desenvolvemento das persoas con discapacidade do Perú.
- Formular polo menos dous proxectos de cooperación ao desenvolvemento das persoas con hemofilia e discapacidade.
- Elaboración do Plan estratéxico plurianual de AGADHEMO, para establecer os parámetros da área de cooperación ao desenvolvemento 

Resultados e actividades: 

- Apertura da oferta de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia.
- Entrevista de selección e/ou proba de selección.
- Selección do candidato definitivo.
- Contratación do técnico da área de cooperación ao desenvolvemento no exterior.
- Formación inicial sobre AGADHEMO, hemofilia e sobre o concepto persoa con discapacidade.
- Selección dos profesionais a formar.
- Selección e contratación do profesional ou profesionais que van impartir a formación.
- Preparación e organización da xornada de formación.
- Impartición da formación.
- Avaliación da formación.
- Identificación de posibles contrapartes.
- Identificación de posibles proxectos a desenvolver.
- Selección do proxecto a formular.
- Formulación do proxecto.
- Selección da proposta de asesoramento en planificación estratéxica.
- Execución das sesións de consultaría. 

Axudas: 

23000